16/2/24

Xogo "XOGA COVASMOLA"

Hoxe puidemos, por fin, facer o xogo "XOGA COVASMOLA", broche final do noso Entroido.

Os nosos disfraces eran seis diferentes e cada un deles representaba os eixos sobre os que se sustenta o Covasmola:

  1. Mazás: alimentación saudable
  2. Zapatillas: mobilidade
  3. Árbores: sustentabilidade 
  4. Termómetros emocionais: educación emocional
  5. Educadores sociais (stop bullying): educación social
  6. Corazóns: educación sexual
Xogamos por equipos de temáticas nun gran tabloreiro no que había que superar retos e preguntas relacionadas coas seis temáticas citadas para así completar a palabra "Covasmola" no marcador. Incluso tiñamos casiñas de Lolo e, xa sabedes, de "Lolo a Lolo porque molo" e as fichas do xogo fumos nós.

Os primeiros foron os corazóns pero todos gañamos en aprendizaxe, traballo colaborativo e diversión.

Foi un día xenial!!!!






























13/2/24

A ANPA tróuxonos “Comunicando entre iguais”

A través da actividade denominada “Comunicando entre iguais”, unha matrona explicoulle ao alumnado de 5 anos e de 1º de Educación Primaria aspectos sobre a educación sexual. Algúns dos temas que tratou foron: os cambios que se producen nos homes e nas mulleres a medida que van medrando, como se produce o embarazo e o seu proceso, o parto, así como, o tipo de familias que existen na actualidade. Ademais disto, o alumnado puido visualizar libros sobre estes temas adaptados á súa idade, xogar con bonecos que tiñan placenta e cordón umbilical ou incluso escoitar os latexos do seu propio corazón empegrando diferentes aparellos.

Moitas grazas a ANPA por traernos esta experiencia 🥰🥰🥰🥰🥰














Día Mundial da Radio na Radiocovas

Os nenos e nenas do 1º ciclo de Educación Primaria realizaron un programa especial sobre o Antigo Exipto no contexto lingüístico para conmemorar o Día Mundial da Radio.

PREME NA IMAXE E ESCOITA ...




9/2/24

Cantamos XOGA COVASMOLA!!!!!

O tempo respectou o desfile e a actuación da nosa Alpuxarrada 2024 "Xoga Covasmola".

Bravo polos nosos nenos e nenas. 

Sodes Xeniais!!!!


8/2/24

Xoga Covasmola. Alpuxarrada 2024

Temos xa todo preparado para cantar mañá no Parque Pernas Peón.

Contamos con vós!!!!!



7/2/24

Día Internacional da Muller e a nena na Ciencia, 11 de febreiro

Para celebrar o Día Internacional da Muller e a nena na Ciencia nos contextos humanístico e científico realizaron varias actividades.                    

No contexto humanístico realizaron uns traballos sobre "Mulleres Galegas na Ciencia". Na aula fixéronse varias propostas para traballar. Cada equipo (4 equipos)  elixiu unha muller científica Galega. Investigaron: Data e lugar de nacemento, En que área da Ciencia destacou e cales foron os seus logros. Buscaron imaxes e fixeron murais. Despois na aula fixeron exposicións dos murais ao resto dos Equipos e as súas investigacións.                                                                                                                                                                               



No contexro científico fixeron unha maqueta do sistema urinario con botellas, globos, teas e cartolina.