26/11/24

Conmemoramos o 25N: Violetas e Anxo Moure

 A flor elixida para a data, como non podía ser doutro xeito, foi a "Violeta" tal e como anunciamos o día de onte. O equipo de colaboradoras da Bibliocovas entregou ás diferentes aulas unha violeta e un convite para visitar a presentación sobre dita flor  feita por elas e material para facer violetas.












Taballaron un montón para facelas. Houbo ata marabillosos centros de mesa!!!😍😍😍😍😍😍






Os máis peques fixeron as súas propias pulseiras para traballar o día.



O alumnado de 3º a 6º de Educación Primaria tiveron un Obradoiro de corazóns de papel reciclado con Anxo Moure. Empregaron noticias de xornais sobre violencia de xénero e guerras acompañada dunha sesión de contacontos sobre a solidaridade con material de comercio xusto.




















24/11/24

Violetas polo 25N, Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres

Polo 25N as flores escollidas foron as violetas, principalmente pola súa cor.
Premede na imaxe para descubrir o traballo deseñado polas colaboradoras da Bibliocovas para a ocasión.

Parabéns equipazo!!!!!!!!








20/11/24

20 de Novembro, Día Internacional dos Dereitos da Infancia

Hoxe é o día dos dereiros da infancia e os nenos de 5° fixeron un programa de radio xenial

Preme na imaxe para escoitalo!!



No recanto creativo do contexto humanístico o alumnado de 5º e 6º creou un libro sobre os dereitos, deberes e liberdades dos alumnos.

Neste plan traballamos a Constitución na que se recollen os dereitos, deberes e liberadades dos cidadáns.


En infantil traballaron un corazón formado polos dereitos dos nenos e nenas.




18/11/24

Aula sensorial

Creamos un espazo para estimular os sentidos e mellorar a capacidade do alumnado para procesar e responder á información sensorial. 

Estamos encantadas coa acollida!!!!













11/11/24

Tubos literarios: "Corre corre cabaciña"

Na aula de 4 anos "Corre corre cabaciña" é un conto que nunca se cansan de escoitar estas datas. Traballamos a orde das esceas mais representativas. 





6/11/24

El erizo que no se quería pinchar

O primeiro libro que traballamos e que xa forma parte da nosa exposición de Tubos Literarios, versou sobre a importancia da amizade, de coñecer as nosas propias emoción e saber manexalas en casa situación. Despois de traballar un pouquiño o título, o Puri o que no se quería pinchar, realizamos o noso particular ourizo empregando un garfo e témperas das cores do outono....quedaron así de ferrosos!!!






4/11/24

Tubos literarios" Esqueletos divertidos" e "Fuera de aquí horrible monstruo verde"

Chegou outra data que lles encanta aos pícaros e pícaras desta escola...SAMAÍN!!!

Na aula de 4 anos traballamos dous contos "Esqueletos divertidos" e "Fuera de aquí horrible monstruo verde".