5/10/23

Formación dos usuarios máis peques!!!!

Lolo está contentísimo porque os nenos e nenas de 4º de infantil xa viñeron á Bibliocovas!!!!

Xa coñecen ao paxaro que maxicamente deixa os contos e os libros na súa aula para que  disfruten deles.

En breve tamén poderedes levar libriños para a casa para ler coas vosas familias






2/10/23

Radiocovas inaugura o curso 23-24

Logo de facer unha formación con Ponte Nas Ondas, o alumnado de 5º de Educación estrea tempada coa colaboración de Damián que tanto nos ensinou.

PREME PARA ESCOITAR O PROGRAMA ...




Plan Anual de Lectura 23-24

Inauguramos as publicacións deste novo curso 23-24 có Plan Anual de Lectura. Podedes consultalo premendo na imaxe



15/9/23

Formación da Radiocovas con Ponte nas Ondas

Inauguramos o curso coa formación de Ponte nas ondas para o alumnado de 5º de Educación Primaria.

PREME NA IMAXE 



20/6/23

Recomendacións de verán!!!!!

Lolo quérevos deixar unhas pequenas suxestións para este verán!!!!

Feliz e merecido descanso 🥰🥰🥰🥰🥰

Vémonos no vindeiro curso na Bibliocovas 📝🥳📖🎧

#Covasmola 3.0

Cosemos bolsas para levar os traballiños para a casa!!!!

O alumnado do departamento de aorientación, xunto coas súas mestras, deseñaron e elaboraron unhas bolsas personalizadas para levar os traballiños para casa. Empregaron teas reutilizadas que sobraron dos disfraces de entroido e personalizáronas con vinilos empregando a cricut.

Pois este foi o resultado!!!!!!

Estamos emocionad@s!!!!!!!





















19/6/23

II Ruta Divercovasmola

No día de hoxe tiñamos programada facer a II ruta Divercovasmola en familia, dentro do programa Lectura e Familias,  pero o tempo non nos acompañou así que fixemos unha adaptación da xornada á climatoloxía do día.



O obxectivo desta actividade é traballar a mobilidade en familia, un dos piares do noso PDI, así como poñer en valor a diversidade que conforma a nosa comunidade educativa.

Como os intres sen chover foron curtiños decidimos facer unha mini ruta por dentro do cole, primeiro andando e despois correndo. Para pechar a actividade botamos mans dunha das actividades que máis nos gusta neste cole: BAILAR. E fixémolo acompañad@s dalgunhas familias.

Pasámolo bárbaro 🥰🥰🥰🥰🥰🥰