20/2/24

Contextos familiares. Lectura e familias 2° e 3° ciclo

Volve Lectura e Familias!!! 👏👏👏

Nesta ocasión a actividade dalle as familias de 3° a 6° a experiencia de poder traballar no recanto que lle toca ao seu fillo/a e cos seus compañeir@s.

Grupo A: contexto lingüístico

Grupo B: contexto científico

Grupo C: contexto matemático

Grupo D: contexto humanístico

PRAZO PARA APUNTARSE ATA O VENRES  23 DE FEBREIRO🥰🥰🥰🥰



Portas Abertas Infantil

Atención Familias de Infantil!!!! Familias do alumnado de nova incorporación opcións de mañá e tarde e familias do alumnado xa escolarizado no centro en horario de mañá.

APÚNTATE XA!!!! Prazo ata o venres 23 de febreiro





16/2/24

Xogo "XOGA COVASMOLA"

Hoxe puidemos, por fin, facer o xogo "XOGA COVASMOLA", broche final do noso Entroido.

Os nosos disfraces eran seis diferentes e cada un deles representaba os eixos sobre os que se sustenta o Covasmola:

  1. Mazás: alimentación saudable
  2. Zapatillas: mobilidade
  3. Árbores: sustentabilidade 
  4. Termómetros emocionais: educación emocional
  5. Educadores sociais (stop bullying): educación social
  6. Corazóns: educación sexual
Xogamos por equipos de temáticas nun gran tabloreiro no que había que superar retos e preguntas relacionadas coas seis temáticas citadas para así completar a palabra "Covasmola" no marcador. Incluso tiñamos casiñas de Lolo e, xa sabedes, de "Lolo a Lolo porque molo" e as fichas do xogo fumos nós.

Os primeiros foron os corazóns pero todos gañamos en aprendizaxe, traballo colaborativo e diversión.

Foi un día xenial!!!!






























13/2/24

A ANPA tróuxonos “Comunicando entre iguais”

A través da actividade denominada “Comunicando entre iguais”, unha matrona explicoulle ao alumnado de 5 anos e de 1º de Educación Primaria aspectos sobre a educación sexual. Algúns dos temas que tratou foron: os cambios que se producen nos homes e nas mulleres a medida que van medrando, como se produce o embarazo e o seu proceso, o parto, así como, o tipo de familias que existen na actualidade. Ademais disto, o alumnado puido visualizar libros sobre estes temas adaptados á súa idade, xogar con bonecos que tiñan placenta e cordón umbilical ou incluso escoitar os latexos do seu propio corazón empegrando diferentes aparellos.

Moitas grazas a ANPA por traernos esta experiencia 🥰🥰🥰🥰🥰














Día Mundial da Radio na Radiocovas

Os nenos e nenas do 1º ciclo de Educación Primaria realizaron un programa especial sobre o Antigo Exipto no contexto lingüístico para conmemorar o Día Mundial da Radio.

PREME NA IMAXE E ESCOITA ...




9/2/24

Cantamos XOGA COVASMOLA!!!!!

O tempo respectou o desfile e a actuación da nosa Alpuxarrada 2024 "Xoga Covasmola".

Bravo polos nosos nenos e nenas. 

Sodes Xeniais!!!!