"Da horta ao prato. Covasmola 2.0" é a actividade de centro que pecha o curso. Nela, o alumnado vai a traballar todo o percorrido que fan os alimentos desde que se sementan na horta ata que chegan aos nosos pratos a través dunha receita.
A actividade divídese e tres grandes bloques:
1. Semente e recolleita.
2. Mercado de proximidade.
3. Cociñado e degustación.
Parte 1.
A Semente e recolleita foi a etapa máis longa deste proxecto. Os nenos e nenas do cole plantaron distintos alimentos (leitugas, apio, cenorias, ...) no horto do cole e coidárono ata que estivo listo para recoller a mesma semana do cociñado.
O proceso é lento pero apaixoante. Vimos e axudamos a medrar as plantas e a nacer os froitos. Aprendimos todo o proceso.
Primeiro sementamos no sementeiro e agardamos que as plantas brotasen. Despois trasladámolas ao horto e regámolas e coidámolas ata que puidemos recoller os froitos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario