1/6/23

DESEÑAMOS E COSEMOS BOLSAS DA MERENDA!!!!!

Como traballan estes nenos e nenas de educación infantil!!!!

Como xa sabedes, os maiores fixeron os seus propios portabocatas con teas reutilizadas seguindo os dictames do noso Covasmola. Xa sabedes que no cole de Covas a sustentabilidade é fundamental.

En infantilseguimos a súas pegadas e fixemos as nosas propias bolsas de merenda para traer as merendas saudables ao cole. Así que seseñamos, cortamos, cosimos, cortamos coa cricut os nosos nomes e planchámolos nas bolsas.

Aquí vos deixamos unha mostra de todo o proceso!!!!




















No hay comentarios: