18/4/09

SEMANA DA LECTURA NO COLE

O día 23 de abril celébrase o "DIA MUNDIAL DO LIBRO E DEREITOS DE AUTOR".

Este día do ano 1616 morrían MIGUEL DE CERVANTES, WILLIAM SHAKESPEARE E O INCA GARCILASO.

Por este motivo esta data foi a elexida pola UNESCO para rendir unha homenaxe mundial ao libro e aos seus autores, e alentar a tod@s, en especial aos máis novos, a descubrir o placer da lectura.
O equipo da biblioteca propón a actividade "NÓS TAMÉN CONTAMOS" na que os nen@s irán a ler, recitar, contar, cantar, dramatizar... a outras clases do cole.
Esta é unha actividade que xa está sistematizada no noso colexio e que gusta moito tanto aos nen@s como ao profesorado .
(se queres saber máis de CERVANTES,SHAKESPEARE OU GARCILASO... PREME NOS SEUS NOMES)
XA VOS CONTAREI !!!!

13/4/09

Encontros dos centros do Plan de mellora de bibliotecas escolares 2008/2009

Os vindeiros 16 e 17 de abril, en Santiago de Compostela (Escola Galega de Administración Püblica, EGAP), terán lugar os Encontros do Plan de mellora de bibliotecas escolares 2008/2009, nos que se reunirán integrantes dos equipos de biblioteca daqueles centros que están incluídos neste programa da Consellería de Educación no actual curso 2008/2009.

Esta actividade de formación está pensada como un espazo de encontro entre o profesorado responsable destas bibliotecas escolares, con tempos para a reflexión conxunta e o intercambio de experiencias e materiais sobre os aspectos básicos relacionados coa xestión, dinamización e visibilización destes imprescindibles recursos educativos. As achegas de expertos como Glòria Durban, Ana Bernal, Felipe Zayas, Concha Costas, César Iglesias, Encarnación López Chicano, Juana Vázquez ou Emilio Pascual, axudarán con toda seguridade aos profesionais das bibliotecas escolares a avanzar na súa formación, o que garante apoios decisivos para a mellora da calidade do ensino que se imparte nos centros. PROGRAMA

31/3/09

DIA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL


Cartel para conmemorar o Día do Libro 2009 feito por Hani D. El-Masri (Exipto)

O equipo da biblioteca propón que cada clase escriba o conto do que se disfrazou no Entroido e con todos faremos unha exposición na entrada do colexio.

Outra actividade proposta e integrando as TICs consiste nunha “Caza do tesouro" que tedes debaixo. Consiste nunha serie de preguntas sobre o día do libro e as respostas tedes que atopalas nas páxinas web que vos damos.


6/3/09

CONMEMORAMOS O DÍA DE ROSALÍA



Aínda que con certo retraso xa que o Día de Rosalía pillounos en pleno Entroido,hoxe tod@s os nenos e nenas do colexio fixemos un recital poético de poemas de Rosalía. Tod@s recitaron moi ben e ata tivemos a "Santa Compaña".
























21/2/09

UN ENTROIDO DE " CONTO"

Este ano o Entroido estivo adicado aos contos tradicionais e tivemos no colexio personaxes tan famosos como:
"BRANCANEVES E OS 7 ANANIÑOS"(ou eran máis?), "CINCENTA" co seu zapato, "101 ( ou 102 ou había 103?...) DALMATAS" con Cruela Devil que estaba disposta a facer outro abrigo de pel,"ALICIA" (en realidade había dúas ou tres)NO PAÍS DAS MARABILLAS (Viveiro),os piratas buscando "A ILLA DO TESOURO" e coido que o atoparon aínda que tiñan que ter coidado con "ALÍ-BABÁ E OS 40 LADRÓNS" que levaban todo o que vian ,non faltaron "OS TRES PORQUIÑOS"(moi amigos do lobo), "CARAPUCHIÑA VERMELLA, A BRUXA, PINOCHO" e houbo filloas,rosquiñas, orellas...para comer e tamén música... queredes máis?