27/4/19
BRAIS MOURE ESTIVO NO COLEXIO
Brais Moure, o contacontos estivo no centro para falarnos de Antón Fraguas e a súa Galica Máxica a traves das árbores e da importancia de coidar a natureza. Ensinounos diferentes polas de árbores: teixo, acivro, loureiro... e contounos moitas cousas das xacias e como prantar unha árbore nunha bota.
25/4/19
DÍA MUNDIAL DO LIBRO
O 23 de abril é o Día Mundial do Libro e Dereitos de Autor. Cada aula celebrouno dunha maneira diferente pero cun tema común...os libros.
Os nenos e nenas de 6º de E. Infantil fixeron unha foto cun LIBRO E UN AMIGO/A e así saíron de guapos/as.
Nas aulas de inglés limos o libro BROWN BEAR, BROWN BEAR... un clásico que disfrutamos con Madison, a nosa auxiliar de conversa e algúns nenos/as que tamén se animaron.

Labels:
amigos,
dia mundial do libro,
inglés,
libros
23/4/19
EN COVAS CANTAMOS "CATRO VELLOS MARIÑEIROS"
"Catro vellos mariñeiros" é unha canción popular típica do noso pobo, Viveiro.
Dentro do PDI "Descubrindo Viveiro" non podía faltar esta canción, que cantamos en festas, reunións, nos cantos de tabernas... e que nos identifica como pobo mariñeiro por excelencia.
Catro vellos mariñeiros está gravada en distintos lugares de Viveiro: no Souto da Retorta (onde se atopa o Avó, o eucalipto máis alto e grande de Europa); na praia de Area e en Monte Faro, no Paseo Marítimo de Covas, na praia de Covas (nos Castelos), no paseo fluvial do Landro e na Área Etnográfica da Insua.
E así de ben o fixeron os nosos nenos e nenas!

15/4/19
SEMANA SANTA DE VIVEIRO
Estos son os programas da Semana Santa de Viveiro feitas polos nenos e nenas de 5º e 6º de primaria dentro do PDI da biblioteca "Descubrindo Viveiro".
A Semana Santa de Viveiro foi declarada de Interese Turístico Internacional dende 2013.
Atrae a moreas de turistas á nosa cidade e entre as procesións máis interesantes están: o Encuentro con figuras móviles, a procesión da Piedad o venres santo, a Borriquita o domingo de Ramos...

13/4/19
OBRADOIRO DE RADIO NA BIBLIO- LUIS PARDO (O MICRO NON MORDE)
O venres os nenos e nenas de 5º de primaria asistiron a un obradoiro de Radio na biblio a cargo de Luis Pardo titulado "O micro non morde".
Luis Pardo é xornalista e traballa na radio ( SER) e contoulles como se traballa na radio. Primeiro explicoulles os 4 puntos fundamentais para traballar nunha radio: a voz, o sons, a música e o silencio.
Despois traballaron nestes catro elementos: a voz con diferentes intensidades e en distintas situacións (evento deportivo, musical, entrevista, noticias do cole, novas musicais...).
Escoitamos unha gravación de "El gran apagón" no que os sons e os silencios forman parte importantísima para expresar medo, angustia, soidade...
Luis contounos anécdotas do seu traballo e ao final visionamos un video sobre unha entrevista a Antonio Banderas.
Os nenos e nenas aprenderon moito con este gran profesional.
Obradoiro de radio-Luis Pardo
A propósito... xa temos LOGO e nome para a nosa RAdio na biblio.
O nome é ..............Radio Covas
O logo................. a vindeira semana!!

ENTREVISTA Á DIRECTORA E REXEDORA DO PROXECTO LÓVA
O proxecto LÓVA (La Ópera como Vehículo de Aprendizaje) estase a desenvolver no noso colexio na clase de 4º de primaria.
Os nenos e nenas de 5º a través da nosa radio (RadioCovas) fan unha entrevista á directora e rexedora da Compañia de ópera Diamante.
Non perdades palabra porque é unha entrevista moi interesante.

11/4/19
CANTAMOS E BAILAMOS CON SUSA HERRERA
Susa Herrera, autora de libros cantados, visitounos no colexio.
Na primeira sesión estivo cos nenos e nenas de Infantil, primeiro e segundo.
Con eles cantou e bailou cancións do seu libro "Cuantos animales". Despois tocoulles o turno aos nenos e nenas de 3º, 4º, 5º e 6º, todos cantaron e bailaron cancións de "En Cabárceno se oye cantar".
Foi unha visita moi divertida e as cancións... estupendas!

4/4/19
VISITA GUIADA A VIVEIRO
Os cursos de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria tiveron a oportunidade de disfrutar dunha visita guiada por Viveiro.
Percorreron os lugares de maior interese monumental: Porta de Carlos V, Porta do Valado, Porta da Vila, restos romanos, Igrexa de San Francisco e Santa María, Fonte de Area, Ponte da Misericordia, Calexa das Monxas, Rúa Maruja Mallo, Gruta de Lourdes...
Ademais visitaron o edificio e as diferentes instalacións do Concello de Viveiro e os nenos/as de 3º e 4º poideron charlar coa Alcaldesa María Loureiro e coa Concellala de Cultura Lara.
Unha experiencia única e todos os nenos e nenas coñeceron moitos datos e lugares do noso pobo Viveiro que estamos a descubrir dentro do PDI "DEscubrindo Viveiro" dentro das actividades da biblioteca.

3/4/19
GÚSTANOS LER... E QUE?
Gústanos ler.. e que? from bibliocovas on Vimeo.
Clara, unha nena moi lectora de 3º quere animarnos a ler un dos seus libros favoritos...

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL
O día 2 de abril celebramos o DIA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL.
Neste día tan especial no cole fixemos unha actividade relacionada coa lectura e ademais colaborativa xa que os nenos e nenas maiores leron/contaron/dramatizaron... contos aos nenos e nenas máis pequenos.
O alumnado de 6º, 5º e 4º estaba moi ilusionado porque ían ser PADRIÑOS E MADRIÑAS DE LECTURA dos nenos e nenas do cole.
Durante varias sesións na hora de ler prepararon monicreques, disfraces, carautas... con que acompañar a lectura do conto para os seus AFILLADOS/AS... e buscaron un recuncho para ler ( calquer sitio do colexio: escaleiras, biblioteca, pasillos, aulas, ximnasio...)
Todos o fixeron xenial e os afillados... encantados!

contos,
dia libro 2019,
lectura,
madriñas,
padriños
Suscribirse a:
Entradas (Atom)