27/5/19

XORNAL ESCOLAR "O CHARLATÁN DE COVAS" 2019

Xa está publicado o xornal escolar "O Charlatán de Covas" e as familias do cole recibiron cada seu exemplar. A portada debuxouna Aitana Ruíz-Jiménez de 6º e a contraportada María Paz de 5º.Este ano está adicado a Antonio Fraguas Fraguas. No xornal atopamos un pouco de todo dende traballos sobre o horto como contos inventados polos nenos/as. Grazas a tod@s pola vosa colaboración!

O CHARLATÁN DE COVAS 2019 by Bibliocovas on Scribd

16/5/19

LETRAS GALEGAS 2019- CANTARES DE CEGO

Para conmemorar esta data editamos o xornal escolar "O Charlatán de Covas" co que colaborou todo o alumnado do colexio. A vindeira semana será entregado ás familias.
Dentro do PDI "Descubrindo Viveiro" e coa colaboración do Equipo de Dinamización da Lingua Galega e Equipo de Dinamización das TICS elaboramos catro videos con CANTARES DE CEGO, cada un realizouse nun lugar emblemático do noso pobo, Viveiro e contando un feito histórico ocurrido na zona.
O alumnado gravou os videos na: PRAIA DE COVAS "Naufraxio da Fragata Magdalena e o Bergantín Palomo" (alumnado de infantil); na PORTA DE CARLOS V (alumnado de 1º e 2º de primaria); no PASEO FLUVIAL DO RÍO LANDRO "A lenda do Dragón de Piago" (alumnado de 3º e 4º de primaria) e na PRAZA MAIOR DE VIVEIRO "Nicomedes Pastor Díaz" (alumnado de 5º e 6º de primaria). Cada curso realizou os debuxos para ilustrar o cantar de cego.
Por suposto non faltaron os cegos e lazarillos representados por nenos dos diferentes cursos.

Aquí podedes ver o resultado desta fantástica actividade.


Naufraxio da Fragata Magdalena e o Bergantín Palomo. CEIP Plurilingüe de Covas (Viveiro). Letras Galegas 2019 from M Socorro Giz García on Vimeo.


A Porta de Carlos V. CEIP Plurilingüe de Covas (Viveiro). Letras Galegas 2019 from soco on Vimeo.


A lenda do Dragón de Piago. CEIP Plurilingüe de Covas (Viveiro). Letras Galegas 2019. from Leyla López on Vimeo.


Nicomedes Pastor Díaz. CEIP Plurilingüe de Covas (Viveiro). Letras Galegas 2019. from MS Giz on Vimeo.

4/5/19

EXPOSICIÓN DE FOTOS



VIDEO


Proxecto "Descubrindo Viveiro".
Xa temos o video da Exposición de fotos de Viveiro que foron aportadas polas familias do colexio. Acompañamos as fotos coa canción "Catro vellos mariñeiros" típica de Viveiro e cantada polos nenos e nenas do colexio.
Vendo estas fotos os nenos e nenas  poden facerse unha idea de como cambiu o noso pobo dende os anos 50 do século pasado ata a actualidade.
De todas maneiras hai unha cousa que non cambia... Viveiro é moi bonito.

Queremos agradecer as familias que colaboraron coas fotos (algunhas espectaculares) .
A exposición pode verse na entrada do colexio.
Non deixedes de visitala!

3/5/19

ESTA NON É OUTRA HISTORIA DE PIRATAS

     E para remtar as celebracións tivemos unha presentación MOI ESPECIAL.
 María Rolle Ínsua, a mestra de lingua inglesa do centro , presentou na nosa Biblioteca o libro que acaba de publicar: 
                           "ESTA NON É OUTRA HISTORIA DE PIRATAS" 
 que ilustra María del Carmen Pernas Fraga, tamén mestra de lingua inglesa pero no Ceip Plurilingüe Santa Rita de Galdo.
Presentando o libro

 
 De súpeto, no medio da presentación apareceron tres piratas, recén saidos do libro que nos convidaron a cantar con eles a bonita canción .....................

 

 Que ganas de lelo nos entraron a tod@s.
 Parabéns, María e grazas por agasallarnos con esta preciosa historia. 


2/5/19

UN XANTAR DE VERSOS- PROXECTO DA MICRORREDE DA MARIÑA


 Xa estamos a prepararnos para outra nova actividade da MICRORREDE DA MARIÑA. Como sabedes este proxecto colaborativo de centros educativos que formamos parte do PLAMBE (Plan de Mellora das Bibliotecas Escolares) veuse incrementado con dous novos centros (a Escola Oficial de Idiomas de Ribadeo e o CEIP Fondo Nois de Foz). 
Este curso o proxecto ten como título
A POESÍA QUE SENTIMOS.
No CEIP Plurilingüe de Covas imos traballar sobre o sentido do gusto e titulámolo
UN XANTAR DE VERSOS.
Enviamos unha carta a cada familia explicando en que consiste o proxecto e pedimos a súa colaboración que agradecemos coma sempre.

Saborearemos os versos inéditos ou copiados polas familias nun gran xantar de poemas.

1/5/19

LETRAS GALEGAS 2019- ANTONIO FRAGUAS FRAGUAS


      Premendo nestes enlaces, atoparás actividades e recursos para traballar
sobre o tema.

Seminario Galán

Primavera das Letras