Para conmemorar este día os nenos e nenas de 1º prantaron un salgueiro no xardín do centro.
Puxéronlle de nome Cuqui e prometeron que o ían coidar mentres estiveran no colexio.
Ademais todo o alumnado recibiu un libro de agasallo. Os de infantil, 1º e 2º levaron "A auga, o dragón e o salgueiro" e os de 3º,4º,5º e 6º "A invención do salgueiro" doados pola Diputación de Lugo.
28/3/18
DIPLOMAS E AGASALLOS PARA OS GAÑADORES DOS ENIGMAS
Rematamos este trimestre coa relación das clases gañadoras dos enigmas.
Os gañadores foron os nenos e nenas de 6º que resolveron prácticamente todos seguidos moi de cerca polos nenos e nenas de 1º de primaria e de 5 anos.
As fotos das clases gañadoras están na entrada da biblioteca. Ademais todas as clases que participaron recibiron un Diploma e ademais os gañadores uns marcapáxinas coa foto da clase.
Tamén fixemos unha homenaxe ao científico Stephen Hawking.

13/3/18
VIDEO DA OBRA DE TEATRO DOS NENOS E NENAS DE 6º
Que libro de libros! (parte 1) from MisisRoller on Vimeo.
Que lio de libros! (parte 2)
Os nenos e nenas de 6º que forman parte do Equipo de Colaborador@s da biblioteca representaron ante as súas familias a obra de teatro Que lío de libros! relacionado coa biblioteca e formación de usarios.
Estiveron moi nerviosos xa que actuaban ante un público moi especial pero fixéronno moi ben.
Noraboa!

9/3/18
SEMANA DA PRENSA- IVÁN E LARA
Na Semana da Prensa tivemos a visita dun antigo alumno do colexio, Iván Díaz Rolle que rematou os estudos de Xornalismo en Valladolid.
Iván fíxo unha pequena introdución ao papel do xornalista, como busca as novas, a que fontes recurre, as 5 W, e despois centrou a súa charla na Rolda de Prensa.
Como Iván traballou nun xornal como xornalista deportivo deunos unha grata sorpresa... a visita de Lara Balseiro, xogadora de fútbol sala feminino no equipo do Burela FS.
Con ela practicamos a rolda de prensa e os nenos e nenas de 5º e 6º de primaria fixéronlle unha morea de preguntas sobre a súa carreira deportiva, entrenamentos, compañeiras, equipos, proxectos de futuro...
Tendo en conta que foi tamén o Día da Muller Traballadora Lara falou do papel da muller nun deporte típicamente masculino.

Labels:
dia da muller,
Iván,
Lara,
semana da prensa 18
6/3/18
3/3/18
MARTIN HUTCHINSON, O CAMIÑANTE VERDE ESTIVO NO COLEXIO
Martin Hutchinson, un nativo de Manchester (Reino Unido) de 56 años, estivo no noso colexio. En Gran Bretaña traballou como bombeiro e despois comezou a viaxar por todo o mundo, primeiro a pé e despois en bicicleta para loitar polo medio ambiente.
O seu obxectivo e informar e concienciar a toda xente sobre a importancia de protexer e coidar a natureza.
No colexio amosou imaxes e videos do seu traballo, recollendo o lixo que tiramos ao mar e que aparece nas praias. Os animais marinos morren por asfixia polos plásticos, os vertidos industriais, o lixo...
Leva percorridos uns 34.000 kilómetros por todo o mundo acompañado do seu can Starsky.
Os nenos de 5º e 6º estiveron moi atentos a todas as súas explicacións e fixeron unha morea de preguntas.
Labels:
Martin Hutchinson,
medio ambiente,
natureza
1/3/18
OUTRO ENIGMA
Suscribirse a:
Entradas (Atom)