21/2/09

UN ENTROIDO DE " CONTO"

Este ano o Entroido estivo adicado aos contos tradicionais e tivemos no colexio personaxes tan famosos como:
"BRANCANEVES E OS 7 ANANIÑOS"(ou eran máis?), "CINCENTA" co seu zapato, "101 ( ou 102 ou había 103?...) DALMATAS" con Cruela Devil que estaba disposta a facer outro abrigo de pel,"ALICIA" (en realidade había dúas ou tres)NO PAÍS DAS MARABILLAS (Viveiro),os piratas buscando "A ILLA DO TESOURO" e coido que o atoparon aínda que tiñan que ter coidado con "ALÍ-BABÁ E OS 40 LADRÓNS" que levaban todo o que vian ,non faltaron "OS TRES PORQUIÑOS"(moi amigos do lobo), "CARAPUCHIÑA VERMELLA, A BRUXA, PINOCHO" e houbo filloas,rosquiñas, orellas...para comer e tamén música... queredes máis?


3/2/09

ESTE É O LIBRO "QUE É A PAZ?"



Este libro fíxose entre todos os nenos e nenas do cole.

2/2/09

CELEBRAMOS O DÍA DA PAZ BAILANDO

O DÍA DA PAZ CELEBRÁMOLO BAILANDO TODOS OS NENOS E NENAS DO COLE.


1/2/09

OUTRA CANCIÓN POLA PAZ

Escoita esta canción de Juanes..."Es tiempo de cambiar"