16/5/15
SAIU O XORNAL "O CHARLATÁN DE COVAS"
Xa temos o último número do xornal do colexio "O CHARLATÁN DE COVAS". Este ano está adicado a Xosé Fernando Figueira Valverde e ás Matemáticas como tema monográfico da biblioteca.
Podemos atopar os traballos dos nenos e nenas que fixeron un gran traballo.
Se queres descargalo para imprimir, tan só tes que PREMER EN DOWNLOAD na parte inferior deste documento (paciencia se tarda un pouquiño)
DÍA DAS LETRAS GALEGAS
Para celebrar o Día das Letras Galegas os nenos e nenas de 6º escenificaron unha obra relacionada coas Matemáticas. A obra titúlase "A matemática historia de Cadrado e Circuliña" e fixéronnos disfrutar con esta historia chea de Matemáticas.
13/5/15
6/5/15
4/5/15
EXPOSICIÓN NO COLEXIO DOS TRABALLOS "O REFRANEIRO DE CERVO A VIVEIRO"
Aquí están as fotos da exposición "O refraneiro de Cervo a Viveiro".
Trátase dunha actividade realizada conxuntamente con outros centros educativos da Mariña (CEP Lois Tobío, EEI San Roque, IES María Sarmiento, IES Vilar Ponte, CEIP Plurilingüe Santa Rita de Galdo, CEIP Plurilingüe Pedro Caselles Rollán de Xove, CEIP de Cervo, CEIP Pedrosa Latas de Celeiro e o CEIP Plurilingüe de Covas).
O obxectivo é fomentar a lectura entre as familias realizando un traballo plástico que ilustra un refrán. Uns auténticos artistas!
A semana do 12 ao 15 de maio, todos os traballos dos nenos e nenas estarán expostos na Sá de usos múltiples do Concello de Viveiro dende as 18:00 ata as 20:00 horas.
Todos os días haberá actuacións do alumnado dos centros educativos colaboradores.
Non o perdades!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)