Os nenos e nenas de 6º de Educación
Primaria foron visitar a exposición
“100 anos do Heraldo de
Vivero” sobre a imprenta e sobre a historia do semanario de
Viveiro “El Heraldo de Vivero” que celebra o seu centenario.
En dita exposición poideron seguir as
explicacións do director do xornal Juan Carlos Neira sobre as
diferentes máquinas que utilizaban para imprimir antes da chegada
dos ordenadores: unha máquina impresora, unha guillotina, os moldes
dos difererentes tipos (letras) que usaban para compoñer as palabras
coa máquina de tipografía...e foron agasallados cunha cartulina
impresa manualmente co debuxo que representa o centenario.
Ademais poideron ver vellos exemplares
do Heraldo incluído o primeiro número do xornal do ano 1912.