Mostrando entradas con la etiqueta contexto cientifico. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta contexto cientifico. Mostrar todas las entradas

17/6/24

Circuíto de Mobiblidade!!!

Este xoves o alumnado de primeiro e segundo de Educación Primaria remataba o seu último plan de traballo no contexto científico, o cal trataba sobre a educación vial. Os rapaces practicaron todo o aprendido nun percorrido de educación vial, onde puideron vivenciar diferentes roles: o rol de peón, o rol de conducir un vehículo, o rol de semáforo e o rol de axente de policía. 

Fixérono xenial e aprenderon un montón!




24/11/23

Mes da ciencia no contexto científico do 1º ciclo

Os rapaces e rapazas de primeiro e segundo estiveron aprendendo sobre o sistema sistema solar no Segundo plan do contexto científico. Na última sesión do plan, puideron repasar aspectos do mesmo a través da Realialidade Aumentada coas tablets de “polos creativos” onde, ademais de visualizar os planetas a través dun dispositivo tecnolóxico, coñeceron aspectos destes relacionados coas mitoloxías grega e romana.