25/4/18
DÍA MUNDIAL DO LIBRO- BUSCANDO A CERVANTES
buscando a cervantes
Para conmemorar o Día Mundial do Libro os nenos e nenas de 6º participaron nunha busca do tesouro titulada "Buscando a Cervantes".
Durante uns días estiveron expostos uns carteis polos corredores do centro con información sobre Cervantes.
Dentro da biblioteca estaban as respostas as preguntas da busca do tesouro, relacionadas coa vida e obra de Cervantes pero tamén coa biblioteca, Formación de Usurarios e ALFIN.
Unha actividade que resultou moi entretida e a próxima semana realizaremos cos demais cursos de primaria.
4/4/18
XIANA NAVAL NO COLEXIO
Que mellor maneira de comezar o Mes dos Libros que reunir os libros e a música coa visita de XIANA NAVAL. Xiana estudou no noso colexio e agora está a piques de rematar a súa formación no Conservatorio Superior de Música da Universidade da Coruña.
O ano pasado estivo co programa Erasmus en Bélgica. Xiana toca o trombón e foi elexida para tocar na Banda Galega Femenina de Música de Galicia "Marcamos o compás" que actuou o día 17 de marzo no Gaiás en Santiago para celebrar o Día da Muller en Santiago nun concerto para visibilizar a presenza feminina na música.
Os nenos e nenas do colexio fixéronlle unha morea de preguntas relacionadas coa súa formación, estudos... e incluso intentaron tocar o trombón. Finalmente deleitonos cunhas pezas musicais.
Dentro da área de Música os nenos e nenas traballaron as "Nosas mulleres na música".
Para escoitar a Xiana preme no altofalante.
2/4/18
DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL
O Ibby (International
board on books for young people) chama á conmemoración do Día
Internacional do Libro Infantil o día 2 de abril, data de nacemento de
Hans Christian Andersen. A responsabilidade do cartel e o díptico deste
ano 2018 correspondeulle a Letonia. Ten a autoría do texto a escritora
letona Inese Zandere, poeta, editora e activista da promoción da lectura quen titula a súa mensaxe: Os libros fan grande o máis pequeno.
Pola súa parte, a imaxe do cartel é do ilustrador Reinis Petersons, recoñecido debuxante deste país báltico.
Galix, Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil, facilítanos a mensaxe, con tradución ao galego.
OEPLI
MENSAXE
CONCURSO "UN CONTO DE HANS CHRISTIAN ANDERSEN EN COMIC"
GALIX
HANS CHRISTIAN ANDERSEN-BIOGRAFÍA
DÍA DO LIBRO INFANTIL- GÚSTANOS LER ... E QUE?
Día do libro 2018 from MisisRoller on Vimeo.
Conmemoramos o Día do Libro Infantil con Manuela, Emma, Carmen e Adrián. Son de 6º e fálannos dos seus libros favoritos. Grazas pola vosa colaboración!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)