Os nenos e nenas de 4º de primaria van contarnos a historia de Leopoldo, un monstro moi pequeno. Pero aínda sendo tan pequeno pode facer moitísimas cousas.
Como este ano non podemos ir ás aulas do alumnado de infantil, compartimos este video cos nosos compañeiros máis pequenos do cole e cos amig@s de infantil da EEI San Roque dentro da actividade intercentros T-LEMOS.
Non deixedes de ver o video!
Os nenos e nenas da EEI San Roque fixeron estes bonitos debuxos do conto de Leopoldo!
Como en edicións anteriores, a data elexida é o luns máis cercano á festividade de Teresa de Jesús, o 15 de outubro.
A V Edición celébrase este ano 2020 o 19 de outubro baixo o lema "O esforzo cotián das mulleres".
"Ben se podería dicir que a literatura escrita por mulleres está a
miúdo esporeada por unha conciencia esencial do esforzo." , explica
Elvira Lindo, comisaria desta V Edición do Día das Escritoras 2020.
Desde as bibliotecas escolares propomos que se visibilice a obra das
escritoras galegas, ben a través dunha exposición, ben lendo fragmentos
nunha maratón literaria ou mesmo nos clubs de lectura ou a través de
actividades de investigación, exploración ou creación...
Animamos a toda acomunidade educativa a participar nesta actividade que visbilizaremos a través desta páxina e nas redes sociais. #bescolaresgal #bescolaresgalabertas #DíaDasEscritoras
"Tócanos facer as cousas ás agachadas, que non se note que estamos,
porque somos invisbles como o ar. O que non saben, ou non pensan, é que o
ar se coa en todos os recantos precisamente poque non se ve. Así
facemos nosoutras."
Eva Mejuto "Memoria do silencio" (Editorial Xerais)
Estamos organizando a biblioteca para cumplir o protocolo: señalizacións, retirada de elementos de mobiliario, reorganización das zonas, colocación dos materiais nos andeis, organizando os empréstitos dos libros...
Todo esto leva moito tempo e esperamos poder traballar nela a partir do
DÍA DA BIBLIOTECA.
Este día estamos organizando unha actividade por grupos que esperamos vos guste.
Lolo está desexando vervos a tod@s e saudarvos despois de tanto tempo.
Estas son as fotos dos nenos e nenas que levaron a mochila esta semana.
O 2 de abril temos dúas celebracións, por unha parte conmemoramos o DÍA DO LIBRO INFANTIL e tamén o DIA MUNDIALDO AUTISMO.
Dende este blog queremos mesturar estos dous eventos e propoñervos a lectura de libros que falen sobre o TEA (Trastorno do Espectro Autista).
No seguinte enlace tedes libros sobre esta temática.
Ademais este ano leva o lema "PODO APRENDER. PODO TRABALLAR". E coas
fotos que fixestes sobre o que queredes ser no futuro imos publicar un
video... anímate e participa!
EL VIAJE DE MARÍA é un precioso libro sobre unha nena con TEA, escrito polo seu pai Miguel Gallardo, debuxante de comics.
Lede o que escribe o pai sobre María e mirade a curtametraxe.
Cuando María está con nosotros, hace del mundo un sitio mejor, cuenta Miguel Gallardo en El viaje de María, una pequeña excursión al mundo interior de una adolescente con autismo, un viaje lleno de color, amor, creatividad y originalidad, que nace en el recorrido de unos padres que ven cómo su hija se comporta de una manera especial hasta confirmar el diagnóstico: autismo. La idea, comenta Miguel Gallardo, era intentar meterme en el mundo de María e intentar comprender y visualizar las cosas que perturban a María de nuestro mundo, las cosas que le gustan, las que le hacen sonreir y un pequeño trozito de su planeta tal como yo lo imagino, de una manera fluida, divertida y comprensible incluso para el público que no conoce este trastorno.
El cortometraje, como dice su propio autor, no es una obra sobre el autismo, es sobre el cariño, sobre la relación entre un padre y una hija que, por encima de las dificultades de la comunicación, se transmiten alto y claro su mensaje de amor
E para remtar as celebracións tivemos unha presentación MOI ESPECIAL.
María Rolle Ínsua, a mestra de lingua inglesa do centro , presentou na nosa Biblioteca o libro que acaba de publicar:
"ESTA NON É OUTRA HISTORIA DE PIRATAS"
que ilustra María del Carmen Pernas Fraga, tamén mestra de lingua inglesa pero no Ceip Plurilingüe Santa Rita de Galdo.
Presentando o libro
De súpeto, no medio da presentación apareceron tres piratas, recén saidos do libro que nos convidaron a cantar con eles a bonita canción .....................
Que ganas de lelo nos entraron a tod@s.
Parabéns, María e grazas por agasallarnos con esta preciosa historia.
O día 2 de abril celebramos o DIA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL.
Neste día tan especial no cole fixemos unha actividade relacionada coa lectura e ademais colaborativa xa que os nenos e nenas maiores leron/contaron/dramatizaron... contos aos nenos e nenas máis pequenos.
O alumnado de 6º, 5º e 4º estaba moi ilusionado porque ían ser PADRIÑOS E MADRIÑAS DE LECTURA dos nenos e nenas do cole.
Durante varias sesións na hora de ler prepararon monicreques, disfraces, carautas... con que acompañar a lectura do conto para os seus AFILLADOS/AS... e buscaron un recuncho para ler ( calquer sitio do colexio: escaleiras, biblioteca, pasillos, aulas, ximnasio...)
Todos o fixeron xenial e os afillados... encantados!
Xa saíron as Mochilas Viaxeiras para a casa de Iago, María, Sara, David e José Luis.
Foron buscalas á biblioteca e fixemos estas fotos con elas, todos intrigados polo contido das mochilas.
Esperamos que vos gusten todos os materiais que incluimos nelas.
Xa temos o novo Equipo de Colaborador@s da Biblioteca 2016-2017. Todos os nenos e nenas de 6º de primaria (24) pasaron por un cursiño de formación e unha vez rematado asinaron os contratos de colaborador@s.
Os diferentes equipos comezarán o seu traballo na biblioteca durante o recreo.
Grazas a tod@s por colaborar!
A lectura aporta moitos beneficios para os nenos e nenas, dende a aprendizaxe das palabras e ortografía ata a mellora da concentración, a memoria e a imaxinación. Por iso convertir a lectura nun hábito dende unha idade temperá é de suma importancia, pero moitas veces non é doado animalos a ler.
Ver curtas ou películas ambientadas nos libros ou na lectura deles pode ser un bo comezo para que os nenos e nenas aprecien a lectura. Estos videos poden axudar a despertar o amor polos libros.
Algúns títulos de películas que fomentan a lectura: El guardián de las palabras, Matilda, El valiente Despereaux, La historia interminable, La princesa prometida, Corazón de tinta...