28/12/16

FESTA DE NADAL

Celebramos o Nadal cunha exposición de postais feitas polos nenos/as do cole. Tamén puxemos o Belén e  tivemos a visita de residentes de Geriatros que dramatizaron a historia do Apalpador.
O día 21 recibimos a Papá Noel e a un Rei Mago e os nenos e nenas entregaron as cartas nas que pedían agasallos para as clases.
Actuaron os nenos e nenas de 4º cunha panxoliña moi bonita, o alumnado de 6º dramatizou a obra de teatro "A outra historia de Carapuchiña" e para rematar os nenos e nenas de 5º e 6º cantaron a canción "All you need is love" co acompañamiento do auxiliar de conversa, Ethan.

nadal16 from Bibliocovas on Vimeo.

Nadal-2016 from Bibliocovas on Vimeo.

18/12/16

MERCADILLO SOLIDARIO EN GERIATROS

Como nos outros dous anos anteriores, este ano tamén colaboramos no Mercadillo Solidario que tivo lugar en Geriatros.
Os nenos e nenas do colexio elaboraron diferentes traballos manuais (bolsas para agasallos, marcapáxinas, colgantes e adornos, tarxetas de felicitación, bonecos de neve...)  coa finalidade de vendelos no mercadillo e recaudar fondos para o Banco de Alimentos.
Ademais visitamos o Mercadillo co alumnado de 6º de primaria. Os nenos e nenas compraron agasallos e así colaboraron nesta boa causa.
No colexio temos a exposición de tarxetas de Nadal e dende a biblioteca queremos que te unas á maxia de ler.

3/12/16

MANNEQUIN CHALLENGE CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

O día 25 de novembro conmemoramos o Día Internacional contra a Violencia de Xénero. Todos os nenos e nenas de 3 a 12 anos, profesorado e personal non docente colaboramos para facer un Mannequin challenge co lema  O CEIP Plurilingüe de Covas di STOP á VIOLENCIA DE XÉNERO.
As poses conxeladas representaban actitudes de colaboración, tolerancia, xogo, axuda, respecto, amizade ... contra a intolerancia, maltrato, soedade...

A actuación na gravación por parte dos nenos e nenas foi impecable e os pequeniños fixéronno como auténticos profesionais.


 


Tivemos que facer un segundo video porque a semana pasada houbo moitas baixas debido a catarros, febre, dores de barriga, caídas varias...