29/12/20
CEIP DE CERVO (CENTRO LIA2)
A biblioteca do CEIP de Cervo forma parte do Plan de mellora de bibliotecas escolares desde 2007, cunha actividade sempre moi importante, aberta a colaboracións e compromisos co entorno a través de proxectos propios e de proxectos compartidos coa "micro-rede da Mariña", un dos grupos de colaboración de bibliotecas escolares máis activos de toda a Rede de bibliotecas escolares de Galicia. Co paso dos anos a comunidade educativa do CEIP de Cervo foi construíndo unha cultura pedagóxica ben enraízada no seu medio e aberta tamén ao mundo, participando, desde o facer da biblioteca, en programas de colaboración europeos. A través de distintas voces desta comunidade de aprendizaxe que pouco a pouco vai construíndose no CEIP de Cervo, arredor da súa biblioteca, podemos coñecer un dos proxectos educativos de maior interese nisto que chamamos as #bescolaresgal:
NORABOA á Comunidade Educativa do CEIP DE CERVO polo traballo feito na súa biblioteca escolar!20/12/20
10/12/20
EQUIPO DE COLABORADOR@S DA BIBLIOTECA NO CURSO 2020-2021
Xa temos o novo Equipo de Colaborador@s da biblioteca.
E xa van 13!!!!!Está formado por 19 nenos e nenas de 6º de Primaria. Estiveron recibindo formación durante os recreos sobre organización e funcionamento da biblioteca.
Este curso as tarefas asignadas son máis reducidas que nos anos anteriores debido á limitación das actividades que se organizaban dende a biblioteca.
De todas maneiras terán moito traballo que facer e están ilusionados coa súa nova actividade.
Xa comezaron elaborando o video o Día contra a violencia de xénero sobre o libro "O chuvasqueiro de Aurora".
Ahora están a preparar as recomendacións lectoras para o Nadal ademais de organizar unha actividade para o alumnado que ten relación cos libros expurgados.
6/12/20
OS CHUVASQUEIROS DE COVAS
O día 25 de novembro con motivo do Día contra a violencia de xénero vimos o video que fixeron os nenos e nenas de 6º basado no álbum ilustrado "O chuvasqueiro de Aurora". Nos días posteriores traballamos nas aulas sobre dito libro.
Cada neno/a escribeu un pensamento/palabra positiva nunha gota violeta e unha palabra negativa nunha gota negra, tratando de visibilizar unha realidade difícil que vive Aurora, a violencia doméstica.
As gotas colgámolas nos chuvasqueiros de cores e expuxémolos polos corredores do colexio.
Os nenos e nenas de infantil debuxaron á Aurora e o seu chuvasqueiro violeta.
Un chuvasqueiro máxico. Con el Aurora síntese segura facendo desaparecer todo o malo que envolve á nai e á nena da súa vida.