O día 24 de febreiro conmemoramos o Día de Rosalía.
En colaboración cos comercios da zona de Covas, entregamos unha tarxeta cunha poesía e un debuxo feitos polos nenos/as. Esas tarxetas serviron de agasallos para os clientes dos comercios.
Grazas as Panaderías de Covas e Muras, Peixería Grallal, froiterías Camelia e Calpita, librería Echezárraga e a carnicería Luis.
No centro e durante dous días recitamos poemas entre clases. Todos os nenos e nenas fixéronno moi ben e Maggie tamén colaborou recitando a Rosalía.
29/2/16
18/2/16
9/2/16
UN ENTROIDO "FANTÁSTICO"
Ola, son Lolo aínda que vou disfrazado de "SuperLolo".
O Meco este ano convirtiuse nun dragón, xa que está relacionado co proxecto da biblioteca sobre "Os seres fantásticos".
As coplas fixeron alusión á paz (coincidindo coa celebración dese día) e o último día deixounos disfrazar ao noso gusto.
Vimos dende sevillanas ata momias, moitos superheroes e ata cabalos.
Comimos lambetadas e bailamos en parellas, grupos e todo o colexio.
Tamén fixemos un desfile por clases.
Na área de Educación Física elaboramos disfraces con xornais vellos e os nenos e nenas de 4º curso de primaria investigaron sobre outras maneiras de celebrar o Entroido en Galicia (os Peliqueiros de Laza)
Pasámolo xenial!
7/2/16
ENTROIDO COA ESCOLA GALEGA DE CONSUMO
entroido coa ecg - Kizoa Movie Maker
Estuvo no colexio unha representante da Escola Galega de Consumo. A función da EGC é a de defender os intereses dos consumidores e alertarnos dos riscos que corremos cando mercamos produtos que non teñen todas as garantias de seguridade.
Nesta ocasión estivo falando dos disfraces e accesorios do Entroido e dos riscos que corremos cando mercamos produtos de baixa calidade: riscos de queimaduras, alerxias, atragantamentos en nenos menores de 3 anos...
Estivo moi interesante e fixemos de Inspectores de disfraces do Entroido investigando si as etiquetas cumpren as normas e os produtos son seguros ou non.
6/2/16
BAILE DO DÍA DA PAZ
O Día da Paz bailamos un baile cooperativo todos os nenos e nenas do colexio. Tivemos un público moi especial, os nosos pais, nais, familiares... que nos aplaudiron moito. O título do baile era "Madre tierra" e ademais os nenos e nenas de 6º leron un manifesto sobre o que significa este día, no que moitos nenos/as sofren por culpa das guerras.
Para rematar algúns nenos/as dixeron a palabra paz en diferentes idiomas.
3/2/16
COLAXE DO DÍA DA PAZ
Para conmemorar o Día da Paz elaboramos unha colaxe coas fotos que fixemos no photocall.
Colaboramos toda a comunidade educativa (papás, mamás, avós, nenos/as, profesoras e personal do centro). As fotos tiñan o lema A paz... é compartir, xogar, disfrazarse... e utilizamos accesorios variados: gorros, perrucas, xoguetes, instrumentos musicais...
Grazas a tod@s por colaborar nesta actividade tan divertida e cunha mensaxe de paz e non violencia.
Colaboramos toda a comunidade educativa (papás, mamás, avós, nenos/as, profesoras e personal do centro). As fotos tiñan o lema A paz... é compartir, xogar, disfrazarse... e utilizamos accesorios variados: gorros, perrucas, xoguetes, instrumentos musicais...
Grazas a tod@s por colaborar nesta actividade tan divertida e cunha mensaxe de paz e non violencia.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)