Mostrando entradas con la etiqueta poemas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta poemas. Mostrar todas las entradas

24/2/21

RAP DE ROSALÍA

 

 Preme na imaxe

Os nenos e nenas de 6º fixeron este video-rap sobre a vida e obra de Rosalía de Castro.

Así homenaxeamos á nosa escritora máis universal.

 


 



7/3/20

DÍA DE ROSALÍA




Celebramos esta data coa elaboración dun poster por clase ilustrando poemas de Rosalía relacionados coa cociña tradicional. Ademais os nenos e nenas recitaron os poemas aos compañeiros/as na biblioteca.

 

3/2/19

CELEBRAMOS O DÍA DA PAZ

O pasado 30 de xaneiro celebramos no colexio o Día da Paz e a Tolerancia. Os nenos e nenas do centro cos pais e nais como público bailaron ao son da música de Mamá Cabra coa canción do Día da paz e  coreografía de alumnas de 6º.
Tamén cantamos a canción de John Lennon "Imagine" con linguaxe de signos e os nenos e nenas de infantil fixeron debuxos alusivos á  paz, tolerancia, unidade e respecto a todas as razas e cores.
Finalizamos o acto co recital de poesías sobre a paz a cargo do alumnado de 5º e 6º de primaria. Ademais nas clases realizaron posters sobre a paz que se colocaron en diferentes lugares do pobo de Covas e os nenos/as de infantil elaboraron viseiras de cartolina para conmemorar este día.

IMAGINE- LINGUAXE DE SIGNOS from bibliocovas on Vimeo.

29/2/16

CONMEMORANDO O DÍA DE ROSALÍA

O día 24 de febreiro conmemoramos o Día de Rosalía.
En colaboración cos comercios da zona de Covas, entregamos unha tarxeta cunha poesía e un debuxo feitos polos nenos/as. Esas tarxetas serviron de agasallos para os clientes dos comercios.
Grazas as Panaderías de Covas e  Muras, Peixería Grallal, froiterías Camelia e Calpita, librería Echezárraga e a carnicería Luis.
No centro e durante dous días recitamos poemas entre clases. Todos os nenos e nenas fixéronno moi ben e Maggie tamén colaborou recitando a Rosalía.



3/3/14

A ALBA Mª GÚSTALLE A POESÍA

Este é o poemario que Xosé María Álvarez Blázquez adicou á súa filla Colorín.
 Alba Mª de 6º curso de primaria e gran afecionada á poesía adaptou e ilustrou quedando un gran traballo.
 Grazas Alba por compartilo con nós.

23/5/13

EXPOSICIÓN DA ACTIVIDADE UNHA PRIMAVERA DE POEMAS NO CONCELLO DE VIVEIRO

Dende o día 13 ao 16 de maio estiveron expostos todos os traballos feitos polas familias dos nenos e nenas dos centros educativos da zona da Mariña. Todos os días houbo algunha actuación tanto dos alumnos/as como de profesoras. Esta actividade chamada "Apadriña unha poesía" é un proxecto conxunto entre as bibliotecas dos centros da zona: CEIP Pedro Caselles Rollán (Xove), CEIP de Cervo, CEP Lois Tobío, IES Vilar Ponte, IES María Sarmiento, CEIP Pedrosa Latas, CEIP Plurilingüe Santa Rita de Galdo, EEI San Roque e o CEIP Plurilingüe de Covas. Agradecemos a todas as familias que participaron, profesorado e aos nenos e nenas que fixeron traballos moi orixinais.

29/4/13

UNHA PRIMAVERA DE POEMAS

UNHA PRIMAVERA DE POEMAS "Apadriña unha poesía" é unha actividade conxunta entre as bibliotecas escolares da zona da Mariña. Participan tanto colexios de infantil e primaria como centros de secundaria de Burela, Cervo, Xove e os centros de Viveiro.
As familias participaron escribindo as poesías favoritas e elaborando traballos plásticos realmente impresionantes e creativos.
Damos as gracias ás familias pola elevada participación e a orixinalidade dos traballos.
Ata o próximo 8 de maio os traballos estarán expostos no colexio e despois haberá unha exposición conxunta no concello de Viveiro.

28/2/12

CELEBRAMOS O DÍA DE ROSALÍA


Conmemoramos o Día de Rosalía cunha lectura de poemas .O primeiro sobre o Pórtico da Gloria con proxección de imaxes do pórtico.  Escoitamos a canción de Martirio e Amancio Prada sobre o poema "Vamos bebendo" e despois recitaron os nenos e nenas de 6º.
"O sol poniente, polas vidreiras
da Soledade, lanza serenos
raios que firen descoloridos
da Groria ós ánxeles i ó Padre Eterno."

4/2/12

DÍA DA PAZ 2012

O 30 de xaneiro conmemoramos no centro o día da paz cunha escenificación do poema de Nicolás Guillén "A muralla". Despois todos os nenos e nenas dende 3 anos ata 6º leron poemas alusivos a este día.

28/6/11

LECTURA DOS CONTOS E POEMAS DO MUNDO

Durante dous días tivemos na biblioteca sesión de lectura dos "Contos e poemas do mundo" que elaboraron cada unha das clases adaptando, reescribindo e ilustrando contos e poemas de distintos países. Tamén cantaron e bailaron unha canción de Galicia.

Resultou un completo éxito coa participación de todos os nenos e nenas que aínda que estiveron nerviosos, fixéronno moi ben.
Con todos os contos e poemas elaboraremos un libro que quedará na biblioteca do cole.
Grazas a todos e pasade un bo verán.









24/3/10

ROSALÍA E O MAR

Estas son os debuxos tan bonitos feitos polos nenos e nenas do colexio ilustrando os poemas de Rosalía.