Mostrando entradas con la etiqueta primavera de poemas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta primavera de poemas. Mostrar todas las entradas
23/5/13
EXPOSICIÓN DA ACTIVIDADE UNHA PRIMAVERA DE POEMAS NO CONCELLO DE VIVEIRO
Dende o día 13 ao 16 de maio estiveron expostos todos os traballos feitos polas familias dos nenos e nenas dos centros educativos da zona da Mariña. Todos os días houbo algunha actuación tanto dos alumnos/as como de profesoras.
Esta actividade chamada "Apadriña unha poesía" é un proxecto conxunto entre as bibliotecas dos centros da zona: CEIP Pedro Caselles Rollán (Xove), CEIP de Cervo, CEP Lois Tobío, IES Vilar Ponte, IES María Sarmiento, CEIP Pedrosa Latas, CEIP Plurilingüe Santa Rita de Galdo, EEI San Roque e o CEIP Plurilingüe de Covas.
Agradecemos a todas as familias que participaron, profesorado e aos nenos e nenas que fixeron traballos moi orixinais.
Labels:
bibliotecas mariña,
concello,
exposición,
poemas,
primavera de poemas
29/4/13
UNHA PRIMAVERA DE POEMAS
UNHA PRIMAVERA DE POEMAS "Apadriña unha poesía" é unha actividade conxunta entre as bibliotecas escolares da zona da Mariña. Participan tanto colexios de infantil e primaria como centros de secundaria de Burela, Cervo, Xove e os centros de Viveiro.
As familias participaron escribindo as poesías favoritas e elaborando traballos plásticos realmente impresionantes e creativos.
Damos as gracias ás familias pola elevada participación e a orixinalidade dos traballos.
Ata o próximo 8 de maio os traballos estarán expostos no colexio e despois haberá unha exposición conxunta no concello de Viveiro.
As familias participaron escribindo as poesías favoritas e elaborando traballos plásticos realmente impresionantes e creativos.
Damos as gracias ás familias pola elevada participación e a orixinalidade dos traballos.
Ata o próximo 8 de maio os traballos estarán expostos no colexio e despois haberá unha exposición conxunta no concello de Viveiro.
Labels:
bibliotecas mariña,
exposición,
poemas,
primavera de poemas
Suscribirse a:
Entradas (Atom)



