Unhas nenas de 6º deronlles unha sorpresa á clase de 2º porque na hora de ler foron lerlles unha historia.
A historia era "A que sabe a lúa" que leron acompañados de debuxos que elaboraron elas mesmas.
Foi unha sorpresa moi agradable e os nenos e nenas de 2º quedaron encantados coa visita.
Mostrando entradas con la etiqueta voluntariado de lectura. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta voluntariado de lectura. Mostrar todas las entradas
16/1/15
REVISTA EDUGA- VOLUNTARIADO DE LECTURA NAS BIBLIOTECAS ESCOLARES
Foi publicado un artigo na revista galega do ensino EDUGA sobre o papel do alumnado voluntario na biblioteca escolar visto polo profesorado responsable das bibliotecas seleccionadas na primeira das convocatorias de Voluntariado de Lectura-A, integrada no programa Hora de Ler, da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
Para ler o artigo, preme AQUÍ
Labels:
bibliotecas,
revista Eduga,
voluntariado de lectura
4/6/14
XORNADAS DO VOLUNTARIADO DE LECTURA EN CULLEREDO
O noso centro foi un dos
catro colexios seleccionados dentro do
proxecto “Voluntariado de lectura-A” para pasar unha semana no Centro
Residencial Docente en Culleredo.
Os nenos e nenas(
acompañados dunha profesora) pasaron uns días de convivencia arredor de valores
relacionados coa solidariedade, cooperación e voluntariado.
Foi unha semana intensa con
obradoiros do máis variado:
·
Obradoiro de lingua de signos
·
Xogos cooperativos
·
Visita aos locais da Cruz Vermella e xogos
sobre os sentidos.
·
Danzas do mundo
·
Obradoiro de lectura expresiva cunha
sensacional Charo Pita
·
Obradoiros de narración oral con un
sorprendente Celso Sanmartín.
·
Visitamos a biblioteca pública Ágora na que
fixemos diferentes actividades sobre os voluntarios da biblioteca.
·
Obradoiro de cociña solidaria, na que os
nenos e nenas fixeron unhas galletas que vendimos polas instalacións do C.R.D.
e o recaudado foi entregado ao Banco de Alimentos (unha actividade que
disfrutamos todos ).
·
María Reimóndez visitounos para falarnos dos
seus libros e da súa actividade como membro dunha ONG.
·
Rematamos as actividades cunha sesión de
Xogos Cantados a cargo do grupo Pesdelán (suamos pero mereceu a pena).
Os
nenos e nenas conviviron durante uns días compartindo cos outros xogos, risas,
comidas e lecturas.
| Unhas xornada inesquecibles |
31/5/14
I XORNADAS DO VOLUNTARIADO DE LECTURA NO C.R.D. DE CULLEREDO (A CORUÑA)
Os alumnos e alumnas de Voluntariado de lectura-A, dos centros
seleccionados para pasar unha semana no Centro Residencial Docente da
Coruña (Culleredo), chegaron a última hora da mañá ás instalacións que
lles servirá de base esta semana para unhas xornadas de convivencia
arredor dos valores relacionados coa solidariedade, o voluntariado e o
traballo colaborativo. Déronlle a benvida o Director Xeral de Centros e
Recursos Humanos (de onde parte esta iniciativa, en colaboración coa
Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado), así como a Subdirectora
Xeral de Centros e a Directora do CRD da Coruña. O alumnado, procedente
do CEIP José María Lage (Ortigueira), do CEIP Plurilingüe de Covas
(Viveiro), do CEIP Filomena Dato (Barbadás) e do CEIP Manuel Sieiro
(Crecente) participou, trala comida inicial, dunha tarde adicada aos
xogos cooperativos e a aprender os rudimentos da Lingua de Signos. No
segundo día destas xornadas de convivencia teñen prevista unha visita ás
instalacións da Cruz Vermella, de A Coruña, con participación en
obradoiros diversos, e xa pola tarde, terán oportunidade de presentar
aos seus compañeiros e compañeiras as actividades de Voluntariado de
lectura que levaron a cabo na biblioteca escolar e en actividades de
lectura compartida, dentro ou fóra do centro, polas que foron
seleccionados.+ INFORMACIÓN
15/5/14
PREMIO AO VOLUNTARIADO DE LECTURA
O noso centro foi un dos catro centros (un por provincia) seleccionados no programa Voluntariado de lectura-A.
Doce alumnos/as do 3º ciclo de Educación Primaria pasarán unha semana no C.R.D. de A Coruña participando nunhas xornadas de convivencia á que asistirán 50 nenos e nenas de toda Galicia.
O proxecto sobre voluntariado consistía en favorecer a formación de actitudes de colaboración e de solidariedade entre os alumnos/as e compartir lecturas dentro e fóra do centro escolar, así como colaborar na biblioteca escolar do colexio.
Doce alumnos/as do 3º ciclo de Educación Primaria pasarán unha semana no C.R.D. de A Coruña participando nunhas xornadas de convivencia á que asistirán 50 nenos e nenas de toda Galicia.
O proxecto sobre voluntariado consistía en favorecer a formación de actitudes de colaboración e de solidariedade entre os alumnos/as e compartir lecturas dentro e fóra do centro escolar, así como colaborar na biblioteca escolar do colexio.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)










