Mostrando entradas con la etiqueta ECB. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta ECB. Mostrar todas las entradas

29/10/18

COÑECEMOS A BIBLIOTECA

O Equipo de Colaboradores/as da Biblioteca fixo este video para ensinarnos as diferentes zonas dela.
Este é o primeiro video dentro da actividade de Formación de Usuarios que desenvolvemos durante o primeiro trimestre.

Coñecemos a biblioteca from María Rolle on Vimeo.

11/4/17

MONTAMOS OS ESCORNABOTS

Coa axuda do Equipo de Colaboradores/as da biblioteca montamos os tres escornabots que mercamos para o centro. Os nenos e nenas divididos en tres equipos coa axuda de Basi, Loli e María fixemos a montaxe dos robots. Despois de recoñecer as pezas e ferramentas dos escornabots, puxémonos desaparafusador en man e pouco a pouco os escornabots cobraron "vida".
 Por suposto, xogamos con eles e pasámolo moi ben.


 
escornabots

2/4/17

MES DOS LIBROS (O EQUIPO DE COLABORADORES/AS DA BIBLIOTECA DRAMATIZAN BORIS)


Que boa maneira de celebrar o mes dos libros!  Pasámolo xenial coa lectura e dramatización do libro Boris por parte dun grupo do Equipo de Colaboradores/as da Biblioteca.
Asistiron á biblioteca os nenos e nenas de Infantil e 1º de primaria e estiveron moi atentos ás aventuras do oso Boris no seu primeiro día na escola.
Durante a semana seguiremos lendo e dramatizando libros na biblioteca para os rapaces.

Día do libro 2017 from Bibliocovas on Vimeo.