31/5/14

I XORNADAS DO VOLUNTARIADO DE LECTURA NO C.R.D. DE CULLEREDO (A CORUÑA)

Os alumnos e alumnas  de Voluntariado de lectura-A, dos centros seleccionados para pasar unha semana no Centro Residencial Docente da Coruña (Culleredo), chegaron a última hora da mañá ás instalacións que lles servirá de base esta semana para unhas xornadas de convivencia arredor dos valores relacionados coa solidariedade, o voluntariado e o traballo colaborativo. Déronlle a benvida o Director Xeral de Centros e Recursos Humanos (de onde parte esta iniciativa, en colaboración coa Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado), así como a Subdirectora Xeral de Centros e a Directora do CRD da Coruña. O alumnado, procedente do CEIP José María Lage (Ortigueira), do CEIP Plurilingüe de Covas (Viveiro), do CEIP Filomena Dato (Barbadás) e do CEIP Manuel Sieiro (Crecente) participou, trala comida inicial, dunha tarde adicada aos xogos cooperativos e a aprender os rudimentos da Lingua de Signos. No segundo día destas xornadas de convivencia teñen prevista unha visita ás instalacións da Cruz Vermella, de A Coruña, con participación en obradoiros diversos, e xa pola tarde, terán oportunidade de presentar aos seus compañeiros e compañeiras as actividades de Voluntariado de lectura que levaron a cabo na biblioteca escolar e en actividades de lectura compartida, dentro ou fóra do centro, polas que foron seleccionados.
+ INFORMACIÓN

16/5/14

DAQUELES CONTOS... A NOVOS FINAIS- ACTUACIÓN NO CONCELLO

Dentro do programa de actuacións da actividade conxunta das bibliotecas escolares da zona da Mariña "DAQUELES CONTOS... A NOVOS FINAIS" tocoulles o turno aos nenos e nenas de 6º de primaria do noso colexio. Foi impresionante o monólogo de Claudia recitando o texto de Paula Carballeira "Só un libro". Despois cantaron e bailaron con moita gracia ao son dos libros-instrumento "Porque ler un libro", para rematar visionando a estupenda curta de animación realizada polos alumnos e alumnos de 2º de primaria "O señor Ramón e a señora Ramona". Ese mesmo día actuaron un grupo moi animado de nenos e nenas do CEIP Pedro Caselles Rollán de Xove, presentando unha fantástica curta de animación "Que é o amor?".
Todo o público asistente a este acto disfrutou coas actuacións destos pequenos artistas.
Para ver todas as actuacións da semana, preme aquí

TRÍPTICO SOBRE XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO

Este é o tríptico que entregamos hoxe ás familias sobre a figura de Xosé María Díaz Castro, poeta homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas.

Díaz Castro by misisroller

15/5/14

PREMIO AO VOLUNTARIADO DE LECTURA

O noso centro foi un dos catro centros (un por provincia) seleccionados no programa Voluntariado de lectura-A.
Doce alumnos/as do 3º ciclo de Educación Primaria pasarán unha semana no C.R.D. de A Coruña participando nunhas xornadas de convivencia á que asistirán 50 nenos e nenas de toda Galicia.
O proxecto sobre voluntariado consistía en favorecer a formación de  actitudes de colaboración e de solidariedade entre os alumnos/as e compartir lecturas dentro e fóra do centro escolar, así como colaborar na biblioteca escolar do colexio.

9/5/14

EXPOSICIÓN "DAQUELES CONTOS... A NOVOS FINAIS"

Estas son as fotos da exposición que temos no colexio dos traballos feitos polas familias para a actividade "Daqueles contos... a novos finais".
Dita actividade realízase conxuntamente coas bibliotecas dos centros educativos da zona da Mariña e ten como obxectivo fomentar o gusto e o hábito da lectura en familia.
Para a semana,  a exposición terá lugar no Concello de Viveiro onde poderemos ver  os traballos de todos os centros colaboradores.
Agradecemos a participación das familias do noso colexio pola gran orixinalidade e creatividade das súas obras.
 Programa da exposición e actuacións no Concello:







6/5/14

MÁIS RECURSOS SOBRE AS LETRAS GALEGAS

A CGENDL (Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización da Lingua) pon á disposición da comunidade escolar unha páxina monográfica que compila recursos e materiais sobre o autor homenaxeado no Día das Letras Galegas, nesta ocasión o poeta e tradutor Xosé María Díaz Castro.
http://coordinadoraendl.org/letras2014/

5/5/14

POEMA PENÉLOPE DE XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO POR FUXAN OS VENTOS

Poema de Xosé María Díaz Castro musicado por Xoán Fuertes Saavedra e interpretado por Fuxan os Ventos. O recitado é do propio poeta e a súa gravación cedida por Xulio Xiz.

LETRAS GALEGAS- O NENO E A ESTRELA

O colectivo Fabaloba vén de publicar o seu primeiro conto: O neno e a estrela, unha fermoso achegamento á figura do poeta Xosé María Díaz Castro dirixido aos lectores máis novos. O libro está editado por Fabaloba edicións, etiqueta que nace ao abeiro do proxecto cultural e educativo Fabaloba.
O propio protagonista desta historia é Díaz Castro cando neno. El é quen atopa unha estrela que caeu do ceo e foi dar a un pozo de auga da súa aldea de Guitiriz. O rapaz é o encargado de devolver a estrela ao seu lugar no universo. Nas poderosas ilustracións represéntase un mundo de lusco-fusco, anterior á existencia do sol. A obra xoga cos moitos dos eixos centrais do poemario Nimbos.
       Se queres ler o libro preme na imaxe

http://www.youblisher.com/p/873214-O-neno-e-a-estrela/ 
 O libro, que está xa a venda en papel, edítase baixo unha licenza Creative Commons e a versión dixital xa se pode descargar de balde. Canda o libro, Fabaloba ten preparadas unha serie de propostas de dinamización baseadas nel (obradoiros de ilustración, escrita creativa e contos).
Para descargar o libro ou ver outras actividades sobre Xosé María Díaz Castro , preme  aquí