10/9/22

COVASMOLA 2.0. PDI Curso 22-23

 Covasmola chegou para quedarse!!!!

 Como que para quedarse? Máis ben para medrar

O PDI do pasado curso, "COVASMOLA",  deunos moitísimas satisfaccións ao tempo que nos fixo medrar como colectivo, como comunidade. Somos o cole que mola!!! O cole ao que se vai en bici, andando ou en patíns, que ten vehículos ou deixa empregar os propios nos recreos. Somos o cole onde se come san, onde se recicla, se reutiliza, se crea unha moda propia, ...

Demasiados aprendizaxes e demasiadas aventuras vitais que sería unha pena que se esquecesen así que a FILOSOFÍA COVASMOLA xaforma parte do no noso ADN.

E que ven entón agora?

COVASMOLA 2.0, este é o noso Proxecto Documental Integrado para o curso 22-23. Este proxecto non foi creardo para substituír senón para enrquecer o xerme COVASMOLA. Se orixinariamente traballamos a través de tres eixos; A alimentación saudable, a Sustentabilidade e a mobilidade; neste novo proxecto engadimos outro tres eixos máis:

  • Educación sexual
  • Saúde mental
  • Educación social

Gústanos dicir que no Covasmola orixinario coidámonos "por fóra" e no Covasmola 2.0 ímonos coidar "por dentro".

Seguimos medrando xuntos!!!!!!!!


 

 

9/9/22

BENVIDO CURSO 22/23!!!!!!

Como xa ven sendo habitual nos últimos cursos, arrincamos o presente con unha pequena festa escenificando as novidades.
E cales son as novidades máis significativas?
Pois mudamos de metodoloxía de traballo e pasamos a traballar por contextos de aprendizaxe competencial par o que a BIBLIOCOVAS adquire un papel definitorio e definitivo.
Iremos contando moitas cousiñas desta nova aventura!!!!
Polo de agora deixámosvo o vídeo onde o claustro presenta os catro contextos: lingüístico, matemático, humanístico e científico 😍😍😍😍😍😍