27/11/13

25 DE NOVEMBRO- DÍA INTERNACIONAL PARA A ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CARA ÁS MULLERES

Neste día participamos co Concello de Viveiro enchendo unha árbore de follas nas que levaban mensaxes contra a violencia de xénero, tamén ían cheas de palabras de ánimo, positivas e esperanzadoras.



22/11/13

OBRADOIROS DE ADEGA

Os alumnos/as de 8 a 12 anos do CEIP Plurilingüe de Covas participaron nos obradoiros “Constrúe o teu propio territorio” de ADEGA (Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza) que consisten nun xogo en grupo, mediante o cal os nenos e nenas reflexionan sobre o vencellemento entre a nosa cultura e o territorio do que formamos parte, aprendendo a importancia de valorar os espazos que nos rodean. ADEGA preocupada por como se está a desenvolver o territorio galego considera interesante implicar aos nenos e nenas a través da súa sensibilización pois o futuro da nos aterra e da nosa cultura está en mans das xeracións agora máis novas.


20/11/13

XA TEMOS MASCOTA PARA A BIBLIOTECA


 o DÍA DA BIBLIOTECA convocamos un concurso para diseñar a mascota da biblioteca. Participaron todos os nenos e nenas de Primaria. Todos os   traballos foron moi orixinais. O xurado tivo unha dificil  tarefa para seleccionar as mascotas finalistas e a gañadora. 

A mascota gañadora chámase LOLO  e é un paxaro moi especial.
Foi diseñada por Brais do curso de 1º de E. Primaria.
As finalistas foron Julia e Lucía de 6º curso.





13/11/13

VIDEOCONFERENCIA PARA CELEBRAR O DÍA DA CIENCIA EN GALEGO


O martes 12 conmemórase o Día da Ciencia. Con este motivo os nenos e nenas do 3º ciclo de Educación Primaria asistiron a unha videoconferencia impartida por MARILAR ALEIXANDRE doutora en Bioloxía e escritora,co título de "Benqueridos insectos".
  Benquerida abelliña, sen ti as maceiras non darían froito; benqueridos escaravellos, que volvedes á terra os restos do que foron seres vivos; e a cascarrubia que coida das roseiras, e a colonia das cen mil formigas falando cunha soa voz. Ás veces comémosvos, pois tamén comemos o que amamos. 
Despois da conferencia, os nenos e nenas dos diferentes centros de Galicia poideron facerlle preguntas vía chat a través dunha sala virtual.

CELEBRAMOS O MAGOSTO

O luns celebramos o Magosto no colexio. Durante estes días todos os nenos e nenas fixeron diferentes manualidades con froitos e materiais desta época: noces, castañas, follas...
A exposición dos traballos e de produtos típicos desta época é espectacular con traballos moi creativos.
 Como tamén foi o DÍA DO PEÓN, os nenos e nenas decoraron os seus das maneiras máis orixinais. A ANPA colaborou con nós asando as castañas que trouxeron os nenos e nenas. Tamén se encargaron de repartilas xunto con noces e zume ou auga.
Algúns alumnos/as (dos maiores) axudaron aos nenos e nenas de infantil a pelar as castañas. Juan, o conserxe, asou castañas da maneira tradicional.
 Despois o alumnado de 6º leu o Manifesto do Peón e acto seguido houbo unha exhibición bailando os peóns por parte dos nenos e nenas. Katie tamén probou a bailar o peón sen moito éxito.

8/11/13

HALLOWEEN NO COLEXIO

Tivemos a festa de Halloween con Katie, a nosa auxiliar de conversa, que nos ensinou as diferentes tradicións dos Estados Unidos durante esta celebración. Fixemos unha exposición de "Comida de Halloween".Os nenos e nenas participaron en obradoiros de "comida terrorífica", nos que elaboraron diferentes pratos con laranxas, galletas e algunha lambetada. Os nenos e nenas de 6º disfrazáronse e fixeron de monitores e axudaron nas clases aos nenos e nenas a preparar a comida. Tamén elaboraron cabazas con papel, máscaras e teas de araña para adornar. Logo seguindo o costume houbo "truco ou trato" e os nenos e nenas de 6º de Primaria foron polas clases dando lambetadas aos demais compañeiros. Para rematar, todos os nenos e nenas do colexio cantaron e bailaron a canción "Knock, knock trick or treat".

5/11/13

RECURSOS PARA TRABALLAR O SAMAÍN

http://www.xunta.es/linguagalega/outono_2013
Recursos e materiais para traballar o Samaín.

3/11/13

OLLOS DE AULA- Revista para as familias do alumnado

A Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística presenta o Nº 10 da súa revista "OLLOS DE AULA". Este número está adicado ao Acoso escolar.