Mostrando entradas con la etiqueta canción. Mostrar todas las entradas

27/10/19
DÍA DA BIBLIOTECA
O día 24 de outubro celebramos o DIA DA BIBLIOTECA. Este ano tivemos unha actuación moi moi especial.Os nenos e nenas de 5 anos escenificaron a canción "UNHA VELLA TIÑA UN CAN" (Conto tradicional galego adaptado por Xosé Ramón Mariño Ferro).
A escena saíron unha morea de animais: porcos, burros, gatos, paxaros... e ata un lobo. Non podía faltar unha avoa (bueno neste caso había dúas).
Foi todo un espectáculo e o público pasouno de marabilla.
Noraboa a estes pequenos actores e actrices!

Ademais todos os nenos/as, profesorado e personal non docente foron agasallados cun marcapáxinas que levaba un debuxo referido ao proxecto deste curso "COIDAMOS DE NÓS E DO NOSO PLANETA DENDE A BIBLIOTECA".
Unha vella tiña un can, 6° de Ed. Infantil. Día das Bibliotecas 2019. CEIP PLURILINGÜE DE COVAS from soco on Vimeo.
Labels:
5 anos,
canción,
dia biblioteca 2019,
unha vella tiña un can
2/12/18
DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
Para concienciar sobre a igualdade de xénero, os nenos e nenas de 6º de primaria representaron o conto "O libro dos porcos" de Anthony Browne.
Ademais os nenos/as de 5º e 6º cantaron a canción "Depende de los 2".
Na biblioteca temos expostos libros escritos por mulleres e sobre mulleres.
Depende de los 2 from bibliocovas on Vimeo.

o libro dos porcos,
violencia de xénero
1/2/18
DÍA DA PAZ
Levamos unhas semanas preparando as seguintes actividades para o Día da Paz.
-Mural sobre Xente extraordinaria.
-Canción "Quérote máis" con baile incluído polos nenos e nenas do centro.
- Lectura de poesías sobre a paz.
-Todos os nenos/as e profesorado formaremos o símbolo dunha enorme pomba da paz no chan do patio.
-Video dos nenos e nenas de 6º coa colaboración de Colin (o auxiliar de conversa) dicindo a palabra paz en varios idiomas.
Os nenos e nenas elaboraron un precioso mural sobre XENTE EXTRAORDINARIA que coas súas accións sirve de exemplo ou motiva aos demais para superarse e loitar por un mundo mellor. Os nenos e nenas de infantil buscaron información sobre JACQUES COUSTEAU, en 1º e 2º elaboraron un bonito mural sobre a iniciativa COGE3, os de 3º e 4º traballaron sobre ADRIÁN MARTÍN e en 5º e 6º a persona escollida foi DAVID AGUILAR. Ademais en 6º aportaron dous traballos sobre WANGARI MAATHAI e os CORRESPONDENTES DE GUERRA. Na biblioteca do centro temos expostos libros sobre a paz, convivencia e valores.

Suscribirse a:
Entradas (Atom)