26/6/14

ÁRBORE DE OUTONO


Arbol de outono - Movie Maker
 Na aula de 3 anos estamos a traballar no proxecto "Sustentabilidade e paisaxe" dentro do programa Proxecta.
Despois de observar a nosa paisaxe os nenos e nenas representaron unha árbore na época do outono. 
Gustoulles moito ver que son capaces de acercarse á natureza e darse conta de como cambian as árbores nas diferentes estacións.

20/6/14

REMATAMOS O CURSO NO "RESTAURANTE FARRUCO"

Para rematar o curso e o monográfico sobre a alimentación, os nenos e nenas de 6º "invitáronnos" a comer no Restaurante Farruco, unha obra de teatro de Chus Pereiro. O restaurante resultou un pouco "raro" pero moi divertido.
Os decorados foron obra de Ana Corujo, antiga alumna do centro e estudante de Bellas Artes.
Os nenos e nenas de 4 anos deleitáronnos cun conto "Os tres osiños" e como postre os nenos e nenas de 5 anos recitaron unha poesía sobre un "Cociñeiro moi despistado".
Se é que en ningún sitio se come mellor que en Galicia!
BOAS VACACIÓNS!

18/6/14

VISITA DE ALUMNOS E PROFESORES DO CONSERVATORIO DE VIVEIRO

Recibimos a visita de profesores e alumnos do Conservatorio Profesional de Música de Viveiro da sección de vento- metal, vento-madeira (clarinete) e gaitas . Explicaron aos nenos e nenas os distintos instrumentos (tuba, clarinete, trompeta, trompa,bombardino, trombón e gaita) e deleitáronnos tocando varias pezas musicais, algunhas coñecidas como "La pantera rosa" ou "Misión imposible". Tivemos a sorpresa de oir tocar a Ana López de 4º de primaria unha pequena peza  composta por ela para clarinete.Remataron cunha rumba tocada coa gaita acompañada polo tambor.

ETIQUETAS DAS TENDAS (PANADERÍA)

A panadería de Muras xa ten expostas as etiquetas que fixeron os nenos e nenas de 4º de primaria. A que apetece un currusquiño de pan?

ETIQUETAS DAS TENDAS (FROITERÍA)

Na froitería de Manolo temos as etiquetas que fixeron os nenos e nenas de 3º de primaria. Unhas etiquetas moi coloridas.

17/6/14

ETIQUETAS DAS TENDAS (A CARNICERÍA)


etiquetas tendas-carniceria - Movie Maker

Os nenos e nenas de 6º de primaria fixeron as etiquetas para a carnicería de Luis.
Debuxaron e pintaron estas etiquetas tan bonitas coas partes dos animais que consumimos diariamente.

ETIQUETAS DAS TENDAS (A PEIXERÍA)


etiquetas tendas-peixería - Movie Maker

Seguimos co proxecto monográfico sobre a alimentación e esta actividade está directamente relacionada cos alimentos que mercamos diariamente.
Decidimos elaborar etiquetas cos nomes dos alimentos e poñelos nas tendas da zona, que colaboraron con nós.
O lema das etiquetas é "Comemos san, comemos galego"
Neste caso foron os nenos e nenas de 5º de primaria os que fixeron estas divertidas e alegres etiquetas cos debuxos e os nomes dos peixes e mariscos para a peixería de Choco en Covas.

4/6/14

DÍA DA ARTE GALEGA NA ESCOLA- PINTAMOS BODEGÓNS CON XOÁN GUERREIRO


Día da Arte Galega na Escola - Movie Maker

 
Hoxe día 4 de xuño celebramos o Día da Arte Galega na escola coa visita de XOÁN GUERREIRO, pintor da Mariña.
Estivo con nós toda a mañá e coa axuda de ANA CORUJO, estudante de Bellas Artes, antiga alumna do centro e colaboradora habitual co colexio,  ensinou aos nenos e nenas a debuxar "bodegóns" con froitas, xa que estamos a traballar o tema da Alimentación saudable dentro do proxecto da biblioteca e Aliménta-t ben sobre o consumo de froitas.
Tod@s aprendimos a non ter medo ao folio en branco coas súas explicacións sobre os volumes, a luz e as sombras na pintura e amosounos algún dos seus traballos sobre froitas e verduras que son excepcionales. 
Moitas grazas XOÁN e ANA.

XORNADAS DO VOLUNTARIADO DE LECTURA EN CULLEREDO


O noso centro foi un dos catro colexios  seleccionados dentro do proxecto “Voluntariado de lectura-A” para pasar unha semana no Centro Residencial  Docente en Culleredo.
Os nenos e nenas( acompañados dunha profesora) pasaron uns días de convivencia arredor de valores relacionados coa solidariedade, cooperación e voluntariado.
Foi unha semana intensa con obradoiros do máis variado:
·         Obradoiro de lingua de signos
·         Xogos cooperativos
·         Visita aos locais da Cruz Vermella e xogos sobre os sentidos.
·         Danzas do mundo
·         Obradoiro de lectura expresiva cunha sensacional Charo Pita
·         Obradoiros de narración oral con un sorprendente Celso Sanmartín.
·         Visitamos a biblioteca pública Ágora na que fixemos diferentes actividades sobre os voluntarios da biblioteca.
·         Obradoiro de cociña solidaria, na que os nenos e nenas fixeron unhas galletas que vendimos polas instalacións do C.R.D. e o recaudado foi entregado ao Banco de Alimentos (unha actividade que disfrutamos todos ).
·         María Reimóndez visitounos para falarnos dos seus libros e da súa actividade como membro dunha ONG.
·         Rematamos as actividades cunha sesión de Xogos Cantados a cargo do grupo Pesdelán (suamos pero mereceu a pena).
Os nenos e nenas conviviron durante uns días compartindo cos outros xogos, risas, comidas e lecturas.


Unhas xornada inesquecibles

XORNADAS DO VOLUNTARIADO DE LECTURA- CULLEREDO (CONTINUACIÓN)

COLABORO NA BIBLIOTECA E O QUE MÁIS ME GUSTA É ...


Unha das experiencias más satisfactorias do pasado curso 2013/2014 foi o programa "Voluntariado de lectura-A" no que participaron 44 centros co alumnado de 3º Ciclo de Primaria. A valoración das memorias de actividades presentadas puxo de manifesto o importante labor que estes nenos e nenas realizan nos seus centros, colaborando na xestión e dinamización da biblioteca escolar, pero tamén organizando actividades de lectura compartida, dentro e fóra do seu centro. Agora ben, un dos resultados máis interesantes do programa é comprobar que o alumnado que participa nestas actividades gana en autonomía, desenvolve habilidades de traballo colaborativo, mellora a súa competencia comunicativa, valora os bens comúns e o traballo en beneficio de outros, asume responsabilidades e, en definitiva, vai desenvolvendo competencias que lle han servir para a súa vida persoal, académica e social. Un dos momentos máis gratificantes da "xornada de convivencia" que viviron os rapaces dos centros gañadores no CRD da Coruña, entre o 26 e o 30 de maio, foi o martes á tarde, na presentación das súas actividades como voluntarios e voluntarias na biblioteca escolar. E ao final, pasaron polo "fotocol" para, xogando, amosar algunha das cousas que máis lles gusta facer como colaboradores da biblioteca. Os 48 rapaces asistentes, xunto cos seus profesores, a esta xornada de convivencia procedían dos centros: CEIP José María Lage (Ortigueira, A Coruña) CEIP Plurilingüe de Covas (Viveiro, Lugo) CEIP Filomena Dato (Barbadás, Ourense) CEIP Manuel Sieiro (Crecente, Pontevedra) Durante a semana acudiron a obradoiros de diverso tipo (xogos cooperativos, lingua de signos, danzas do mundo, narración oral, lectura expresiva, cociña solidaria, xogos cantados, club de lectura) e asistiron aos locais da Cruz Vermella e a biblioteca Ágora de A Coruña. todas as actividades estaban relacionadas co traballo colaborativo, o voluntariado de todo tipo e a lectura. GALERÍA DE IMAXES