17/6/15

VII EQUIPO DE COLABORADORAS/ES DA BIBLIOTECA



Despedimos ao VII Equipo de colaboradoras/es da biblioteca do centro. 
Grazas pola vosa colaboración e traballo.
 Boa sorte!!

7/6/15

ENTREGA DOS PINS DE LOLO

Fixemos entrega dos pins de Lolo a todos os nenos e nenas que acertaron os enigmas que Lolo puxo nas clases.

4/6/15

DÍA DA ARTE GALEGA

Arte matemático
                    

Este é o cuarto ano que celebramos no colexio o "Día da Arte Galega na Escola" homenaxeando a Luis Seoane na data do seu nacemento.
 Como o proxecto da biblioteca deste curso era sobre as Matemáticas "A biblioteca está chea de números", decidimos utilizar liñas, figuras xeométricas, números... e diferentes técnicas e materiais para crear traballos "matemáticos". Témperas, papeis de cores, ceras, tapóns... foron algúns dos materiais empregados e as técnicas variaron dende o collage ata a pintura con témperas, pasando polas ilusións ópticas e versións libres de traballos de Mondrian ou Kandinsky. Todos os nenos/as fixeron auténticas "obras de arte".