Mostrando entradas con la etiqueta stop motion. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta stop motion. Mostrar todas las entradas

17/6/25

O curso de Pepiño; Stop Motion!!!

Despois da formación con Rafa Sánchez sobre STOP MOTION coa aula de 2º de Educación Primaria despedimos o curso da man de Pepiño, un caracolillo da Parrela que ….

Moitas grazas profe Mariña por ser sempre luz e maxia!!!!😍😍😍😍

Ollade a súa historia, estés son os primeiros pasiños no Stop Motion👏👏👏👏👏👏




                             

13/5/25

STOP MOTION con Rafa Sánchez!!!

Onte tivemos unha formación para os nenos e nenas do 1º ciclo de Educación Primaria dentro do programa Biblioteca Cretiva. O obradoiro, impartido por Rafa Sánchez, director do CEIP A Lama (Pontevedra), foi sobre animación STOP MOTION.

O alumnado creou os seus personaxes e tamén empregou algúns xa protagonistas de contos moi populares como Ranilda. Aprendimos un montón!!!

Moitas grazas Rafa!! Seguro que de aquí a final de curso temos algunha sorpresiña editada.

Estade atentos!!! 😍😍😍😍😍









                             

9/1/17

SOGAMA- XOGO EN LIÑA SOBRE A COMPOSTAXE DOMÉSTICA


        A actividade, que se denomina Compostaxe doméstica. Experiencia Stop
Motion, proporciona primeiro as oportunas explicacións sobre o compost e os seus beneficios, para despois facilitar aos escolares as ferramentas necesarias de cara a elaborar o seu propio vídeo, interiorizar as vantaxes
medioambientais, económicas e sociais da autocompostaxe e contribuír á
difusión das mesmas.
        O obxectivo é que os alumnos constrúan unha historia que pode ser descargada en forma de vídeo a partir dos recursos que se poñen á súa disposición, tendo a opción de seleccionar os elementos, obxectos, personaxes esituacións que formarán parte da mesma.
         Ademais de ter a oportunidade de escoller a velocidade da película (6 ou 12 fotogramas por segundo) e a duración (10 ou 20 segundos), tamén poderán
escoller a localización ou momento do día no que se desenvolverán os
acontecementos, que se crean fotograma a fotograma. As personaxes e obxectos pódense mover dentro do escenario, cambiar de tamaño, rotar, distorsionar, etc.
O xogo, a disposición dos internautas na páxina
<http://www.compostaconsogama.galwww.compostaconsogama.gal e en
<http://www.sogama.eswww.sogama.es, funciona en dispositivos de sobremesa
e portátiles, así como en dispositivos táctiles (tabletas).