29/4/22

Tecendo Camiños. Microrrede da Mariña 2022

"Tecendo Camiños", un collage 3D, é a nosa aportación á exposición da Microrrede da Mariña que este ano leva por título " A voltas coas palabras".




En que consiste o noso cadro?
Seguindo os dictames do noso PDI "Covasmola", que como xa sabedes, se sustenta en tres parámetros: a alimentación saudable, a sustentabiblidade e a mobilidade, con esta obra quixemos traballar a mobilidade 💪💪💪

Os tempos van cambiando e non todo o novo é o positivo 

Os nosos avós e avoas ían a traballar , ao cole, ás festas, ..., e xogaban ao aire libre. Todos estes costumes son respectuosas coa nosa contorna e moi positivos para a nosa saúde, tanto física como mental 👴👵😍

Con este cadro quixemos deixar testemuña das vivencias dos nosos avós e avoas que deberíamos manter neste presente tan tecnolóxico e sedentario, onde as pantallas lle gañan espazo ao lecer en contacto coa natureza e os coches gañan protagonismo nos desprazamentos, por moi curtos que sexan.

Para Tecer o Camiño da nosa vida precisamos manter aquilo que nos axuda a estar máis sans e a manter san tamén o noso planeta💓💓💓💓



 




Último Obradoiro Co-Creando

Onte foi a quenda dos máis peques e as súas familias!!!!

Cheo total!!!!😍😍😍😍😍😍😍

Pasámolo en grande e aprendimos un montón!!!!

Bravo por Lectura e Familias e por Lucas 👏👏👏👏👏👏👏👏👏






















28/4/22

27 de abril: Día da Educación Física na rúa

Onte celebramos o Día da Educación Física na rúa, este ano baixo o lema "Sostendo a saúde e o planeta", có Clube ciclista de Viveiro que nos trouxo unhas clases teóricas e outras pácticas que disfrutamos un montón

Xa sabedes que o noso PDI Covasmola sustentase nunha mobilidade sostible así que, xa sabedes, A PEDALEAR!!!!!!