23/1/16

BRAIS RECOMENDA...

O libro que me gustou foi "Geronimo Stilton- Las aventuras de Marco Polo". Vai dun rato que se chama Marco Polo que vive aventuras en todas as partes do mundo. Un día chega a un reino e alí está moitos anos traballando pero como é tan aventurero decide marcharse.
Se che gustan as aventuras e os viaxes, este é o teu libro.

RECURSOS PARA CONMEMORAR O DÍA DA PAZ NA ESCOLA

Poesías

Actividades de investigación

Recompilación de recursos




Actividade lim (en galego, castelán e inglés) por Belén Junquera

NON É DÍA DA PAZ PARA TODOS OS NEN@S

Algúns nenos e nenas viven experiencias moi dolorosas, como o drama dos refuxiados, nos que os que máis sofren son os nenos/as.
O CEIP de Leirado fixo un estupendo traballo para que os nenos e nenas do cole reflexionaran sobre este problema.



Para máis información visita esta páxina:
ACNUR que é a Axencia da ONU para os Refuxiados.

22/1/16

A FLOR XIRATORIA, CONTO ESCRITO POR ARIADNA

Ariadna é unha nena de 2º de primaria. É moi creativa e gústalle escribir libros. Este conto é unha pequena mostra da súa creatividade. Grazas Ariadna por compartir con todos este libro tan bonito!

20/1/16

SE TE QUERES DIVERTIR. UNHA ACHEGA AO ENTROIDO DE VIVEIRO (unidade didáctica)

Dª Socorro Giz García, (presidenta da Banda de Musica Municipal de Viveiro),a título persoal e en colaboración coa organización do Antroido de Viveiro 2016, fixeron unha unidade didáctica do Antroido, para que poidades colaborar neste proxecto.

Có fin de garantir a pervivencia do Antroido en Viveiro a Comisión do Antroido 2016 deseñou a unidade didáctica "Si te queres divertir. Unha achega ao Antroido de Viveiro" para que o profesorado a poda traballar na aula.
Agradecemos sinceramente a colaboración do seu claustro na difusión das nosas tradicións e valoramos o esforzo posto nesta dirección, e animar a participar o alumnado neste proxecto.





1. UD Si Te Queres Divertir by misisroller