Mostrando entradas con la etiqueta Viveiro. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Viveiro. Mostrar todas las entradas

5/2/25

Viveiro, o noso concello, no recanto de robótica

Esta semana, no recanto de robótica, traballamos na pizarra dixital e co robot diferentes lugares do noso pobo, Viveiro.

Visitamos fontes, praias, monumentos, igrexas.., para achegar o patrimonio, tanto natural como cultural da nosa contorna, ao alumnado de educativo infantil. 

Afianzamos a  psicomotricidade fina tan precisa nesta etapa para posteriores aprendizaxes, inserindo e enroscando parafusos, unha actividade que lles encanta!!!!







13/5/22

A patrulla da mobilidade entrevístase coa Alcaldesa e o Xefe da Policía Local

Hoxe tivemos a visita de María Loureiro, Alcaldesa de Viveiro e Senén Picos, Xefe da Policía Local. 

Unha representación da nosa Patrulla da Mobilidade estudiou a problemática do noso cole perante o tráfico. Acumúlanse coches na porta e estamos nunha rúa sin saída o que leva consigo un grande perigo para a seguridade do noso alumnado e un grave probema en caso de evacuación, xa que sería totalmente imposible acceder ao centro por parte dos sevicios de emerxencias.

O aumnado elaborou unha entrevista e rematou a reunión cun compromiso de colaboración por parte das autoridades.

Estamos Felices!!!!!!




       



 

22/4/22

Feliz Día do Libro!!!!!

 Hoxe celebramos o Día do Libro!!!!! 

Os nenos e nenas de infantil, dentro do Proxecto Superheroes, fixeron uns marcapáxinas ideais!!!!!😍😍😍😍😍😍






Desde o departamento de Orientación crearon un sinfín de emocións a partires da lectura ás escuras do libro "Que bigotes me pasa" de María Leach e Olda de Dios empregando a luz negra.

Esperamos que vos guste!!!! 💓💓💓💓💓💓💓💓


 




8/3/22

8 de Marzo, DÍA DA MULLER

Hoxe quixemos dedicarlle o DÍA DA MULLER á Muller do Rural como base e punto de partida da alimentación sustentable. 

Seguindo coa PDI Covasmola creamos unha muller e rodeámola de fotografías do alumnado arando, recolectando, traballando no campo, ..., como herdeir@s desa semente tan necesaria para medrar sans, física e emociolnalmente.

Ademais fixemos unha selección de lecturas para traballar a figura da muller. Esperamos que vos guste 💜💜💜💜💜💜💜💜