Mostrando entradas con la etiqueta contos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta contos. Mostrar todas las entradas

8/3/26

Día da Muller 2026: "MARUXA"

Para traballar sobre os dereitos da muller, eliximos un conto do máis divertido: "Maruxa", representado polo alumnado de 6º de Educación Primaria.

Agardamos que gocedes coas experiencias de Maruxa e Pepiño.

Feliz Día da Muller!!!!





                             



15/12/22

"La gran fábrica de las palabras" en 6º de Educación infantil


Esta marabillosa historia de amor deu lugar a unha actividade divertidísima!!!!
Despois de traballar o conto escribimos as nosas verbas favoritas en bolboretas que puidemos dar caza cuns zalabardos (trueiros) a modo de cazabolboretas 😍😍😍😍😍







 

3/4/19

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL

O día 2 de abril celebramos o DIA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL.
Neste día tan especial no cole fixemos unha actividade relacionada coa lectura e ademais colaborativa xa que os nenos e nenas maiores leron/contaron/dramatizaron... contos aos nenos e nenas máis pequenos.
O alumnado de 6º, 5º e 4º estaba moi ilusionado porque ían ser PADRIÑOS E MADRIÑAS DE LECTURA dos nenos e nenas do cole.
Durante varias sesións na hora de ler prepararon monicreques, disfraces, carautas... con que acompañar a lectura do conto para os seus AFILLADOS/AS... e buscaron un recuncho para ler ( calquer sitio do colexio: escaleiras, biblioteca, pasillos, aulas, ximnasio...)

Todos o fixeron xenial e os afillados... encantados!


25/3/19

AS FAMILIAS TAMÉN CONTAN

Todos os xoves, na hora de ler, as familias do alumnado de Educación Infantil, sorpréndenos cun conto.
Os nenos e nenas de cada aula esperan entusiasmados que os pais, nais, irmáns... conten o conto que traen preparado da casa.
Con esta actividade non so favorecemos a relación familia-escola, senón que fomentamos o interés e o placer pola lectura dos máis pequenos.

27/10/18

DÍA DA BIBLIOTECA, REPRESENTACIÓN DO CONTO MARILUZ AVESTRUZ

O Día da Biblioteca un grupo de profesores/as do centro representamos o conto Mariluz avestruz.
Unha historia na que a colaboración dos animais é fundamental para axudar a Mariluz e a súa imprudencia.
Os nenos e nenas estiveron moi atentos ao que acontecía no escenario e gustoulles moito.
Que mellor maneira de conmemorar este día que facendo teatro na biblioteca?

Aquí están as fotos.


Mariluz avestruz_Día da biblioteca


Se queredes ver o video premede AQUÍ 

9/5/18

SEMANA DA LECTURA "NÓS SOMOS OS CONTACONTOS"

Semana da lectura "Nós somos os contacontos" 2018

Para celebrar o mes dos libros, todos os nenos e nenas foron "contacontos" e dramatizaron, contaron, leron... contos ou obras de teatro aos compañeir@s.
Empregaron o Kamishibai os nenos/as de 2º e 5º con marabillosos debuxos.
Os nenos e nenas de 1º empregaron máscaras e o resultado foi un éxito. Tamén os de 4º decidiron facer obras de teatro que fixeron estupendamente.  Os de  5 anos contaron unha historia empregando monicreques de cartulina.
Tamén houbo lectura de poemas, lectura de historias...
Durante unha semana na hora de ler polos corredores do colexio unha morea de nenos e nenas que ían para as clases dos compañeir@s ou para a biblioteca con nervios que lles supón actuar para un público tan esixente pero tan agradecido como son os demais nenos e nenas do cole.

18/2/18

ENTROIDO


Entroido 2018 

Preme no enlace de enriba e lembra activar o audio!

Celebramos o Entroido co tema "Un Entroido de conto" relacionado cos contos clásicos.
Durante a semana o Meco-dragón deunos as consignas que tivemos que traer postos ao cole.
 O venres fixemos un desfile polo centro xa que o tempo non nos acompañou (tiñamos previsto saír polo Paseo Marítimo de Covas).
Contamos coa visita das familias do cole que viron como aparecían unha morea de nenos e nenas de infantil disfrazados de Peter Pan, Campanilla, o Capitán Garfo e un crocodilo. Os de primeiro e segundo eran Elmer o elefante de cores.
Os ratos e frautistas eran os nenos e nenas de 3º e 4º como O frautista de Hamelín. Os de 5º e 6º elexiron 101 dálmatas para os seus disfraces.
Para contar os contos tiñamos unha avoa contacontos.
Despois do desfile todos os nenos e nenas cantaron as alpuxarradas coa letra alusiva aos contos e a canción do Entroido en Viveiro.
Despois de tanta festa, comimos as lambetadas típicas no patio do colexio.

22/1/16

A FLOR XIRATORIA, CONTO ESCRITO POR ARIADNA

Ariadna é unha nena de 2º de primaria. É moi creativa e gústalle escribir libros. Este conto é unha pequena mostra da súa creatividade. Grazas Ariadna por compartir con todos este libro tan bonito!

26/4/15

A QUE SABE A LÚA

Kamishibai feito polos nenos e nenas de 6º de Primaria. Adaptaron o conto de Michael Grejniec.
"Había moito tempo que os animais andaban a matinar a que sabía a lúa..."
Se queres ler o texto... vai á biblioteca, séntate cómodamente e disfruta dunha historia moi divertida.

26/4/14

DÍA MUNDIAL DO LIBRO

O día 23 de abril celebramos o Día Mundial do libro e dos dereitos de autor cunha escenificación do conto musicado "OS TRES PORQUIÑOS" representado por catro mestras do centro.
Foi un espectáculo moi divertido no que os nenos e nenas estiveron moi atentos a todo o que pasaba na historia.
Tod@s o pasamos xenial.

11/4/14

VOLUNTARIADO DE LECTURA- VISITA Á ESCOLA DE EDUCACIÓN INFANTIL "SAN ROQUE"

Seguimos coas actividades do proxecto "Voluntariado de lectura". Esta vez foron os nenos e nenas de 5º de Primaria de visita á ESCOLA DE EDUCACIÓN INFANTIL "SAN ROQUE" en Viveiro. Alí fixeron unha lectura do conto "Non quero ser un polbo" co Kamishibai que ilustraron os mesmos nenos/as. Tamén les leron o libro "Bebé bigotes" e por último dramatizaron "A tartaruga que quería durmir" con monicreques feitos por eles. Realizaron tres sesións para os nenos e nenas de 3,4 e 5 anos, que se portaron moi ben e estiveron moi atentos. Foi unha experiencia estupenda para todos.

16/3/14

ANXO MOURE E OS SEUS CONTOS SOLIDARIOS


Por segundo ano consecutivo visitounos ANXO MOURE, contador de historias que chegou ao noso centro nun batuxo, barca tradicional do río Miño e na que pesca contos para cociñalos.


 Contounos contos relacionados co medio ambiente e como coidar da nosa natureza.

Presentounos á xacia Luviñas, unha muller peixe que vive no río Miño e ensinounos  a coidar dos ríos e,  en vez de pelexarnos, a abrazarnos.


21/5/13

DIA DAS LETRAS GALEGAS 2013

Celebramos o Día das Letras Galegas na biblioteca cunha lectura e proxeccións dos contos que fixeron os nenos e nenas do 2º e 3º ciclo.
Para a celebración deste gran día tivemos que traballar previamente na elaboración de minilibros por parte dos alumnos/as de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria.
A clase de 3º elaborou un libro coa canción "Quen son?".
Os nenos e nenas de 4º fixeron o mesmo co conto "A lúa ladroa". En 5º adaptaron o libro "A escaleira". Na clase de 6º elaboraron tres contos: "Bebé bigotes", "O artista que pintou un cabalo azul" e "Rapunzel".
Despois da lectura na biblioteca cada alumno/a dos maiores entregaron un minilibro aos nenos e nenas máis pequenos do colexio (infantil e 1º ciclo).
Os pequenos quedaron encantados con este agasallo e corresponderon cun marcapáxinas das bibliotecas escolares co poema "Só un libro" de Paula Carballeira.
Aquí tedes as fotos deste día tan especial.


12/4/13

ANXO MOURE E O SEU CARBALLO CON BOTAS

Tivemos a visita de Anxo Moure, autor dos "Contos na casa das árbores" e narrador de historias. Falounos dos contos de "O carballo con botas", unha morea de  historias que nos ensinan a respectar a natureza, as árbores, non tirar lixo, respectar ao animais, reciclar...
Con música, disfraces e cancións, todos os nenos e nenas participaron con Anxo.
Despois foise coa súa  Ecobicicleta a outros colexios para contarlles máis historias.
Unha visita que nos encantou tanto aos nenos e nenas como ao profesorado.
Se queres saber máis sobre Anxo Moure, preme na ciclobiblioteca



7/3/13

SEGUIMOS CONTANDO CO KAMISHIBAI

Os nenos e nenas de 6º siguen contando  historias co Kamishibai.
Estas últimas semanas estiveron nas aulas dos nenos e nenas de 2º, 3º e 5 anos.
Tod@s estiveron moi atentos e interesados nas historias que lles contaban os seus compañeiros/as.






16/4/12

XANDRE, O ELEFANTE SEN SOMBRA

[De non visualizar este contido interactivo multimedia, deberíase a que o teu navegador non soporta marcos ou que neste momento está configurado para non visualizalos. Como alternativa, podes acceder ao contido no seguinte enlace: www.contosdexandre.net/sen_sombra/menu.html]

28/6/11

LECTURA DOS CONTOS E POEMAS DO MUNDO

Durante dous días tivemos na biblioteca sesión de lectura dos "Contos e poemas do mundo" que elaboraron cada unha das clases adaptando, reescribindo e ilustrando contos e poemas de distintos países. Tamén cantaron e bailaron unha canción de Galicia.

Resultou un completo éxito coa participación de todos os nenos e nenas que aínda que estiveron nerviosos, fixéronno moi ben.
Con todos os contos e poemas elaboraremos un libro que quedará na biblioteca do cole.
Grazas a todos e pasade un bo verán.









26/11/10

O conto de Raquel

Raquel de 5 anos escribiu un fermoso conto dun verme e unha castaña e tamén dunha árbore.
Grazas Raquel


19/11/10

A CASTAÑA E O VERME

IRIA , unha nena de Infantil de 4 anos , escribiu este conto polo Magosto xunto cos seus compañeir@s de clase.
Grazas Iria por compartir o teu traballo con nós.


2/4/10

OS NEN@S ESCRIBEN...

Adrián de 3º escribiu unha historia para regalarnos no Día do Libro.
Graciñas ! Preme na foto de Adrián