Mostrando entradas con la etiqueta baile. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta baile. Mostrar todas las entradas

3/2/19

CELEBRAMOS O DÍA DA PAZ

O pasado 30 de xaneiro celebramos no colexio o Día da Paz e a Tolerancia. Os nenos e nenas do centro cos pais e nais como público bailaron ao son da música de Mamá Cabra coa canción do Día da paz e  coreografía de alumnas de 6º.
Tamén cantamos a canción de John Lennon "Imagine" con linguaxe de signos e os nenos e nenas de infantil fixeron debuxos alusivos á  paz, tolerancia, unidade e respecto a todas as razas e cores.
Finalizamos o acto co recital de poesías sobre a paz a cargo do alumnado de 5º e 6º de primaria. Ademais nas clases realizaron posters sobre a paz que se colocaron en diferentes lugares do pobo de Covas e os nenos/as de infantil elaboraron viseiras de cartolina para conmemorar este día.

IMAGINE- LINGUAXE DE SIGNOS from bibliocovas on Vimeo.

4/2/17

CONMEMORACIÓN DO DÍA DA PAZ

O Día 30 de xaneiro conmemoramos o Día da Paz e a Non Violencia na escola. 
Coa asistencia das familias dos alumnos/as, a presentación do acto fixéronna unha nena de 6º de primaria e un neno de 5 anos. Despois da lectura de poemas de GLORIA FUERTES (cúmprese o centenario do nacemento da escritora) celebrámolo cun baile colaborativo de todos os nenos e nenas do colexio. O alumnado de 6º axudou aos máis pequeniños. 
Ademais bailaron dúas cancións relacionadas coa amizade, tolerancia, respecto polas razas...
Colgamos un mural cun tren da paz na que os vagóns contaban a biografía de persoas que recibiron o premio Nobel da Paz (Barack Obama e a Nai Teresa de Calcuta) e ONG (Médicos Sen Fronteiras) e debuxos feito polos nenos e nenas do colexio.
As familias colaboraron nesta actividade decorando pombas e escribindo palabras/frases alusivas á Paz, colaboración, respecto, non violencia...  
A participación das familias foi moi alta e as pombas destacaban pola orixinalidade e materiais empregados.
Durante todo o mes na biblioteca  tivemos expostos libros e nas aulas traballaron sobre a paz.







Esa misma tarde, o alumnado de 6º curso invitou ás súas familias á obra de teatro que puxo en escena na biblioteca do centro e que se titulou "A outra historia de Carapuchiña".
Actuaron como auténticos profesionais, con máis nervos pola presencia dos familiares, e foron moi aplaudidos.

6/2/16

BAILE DO DÍA DA PAZ

O Día da Paz bailamos un baile cooperativo todos os nenos e nenas do colexio. Tivemos un público moi especial, os nosos pais, nais, familiares... que nos aplaudiron moito. O título do baile era "Madre tierra" e ademais os nenos e nenas de 6º leron un manifesto sobre o que significa este día, no que moitos nenos/as sofren por culpa das guerras. Para rematar algúns nenos/as dixeron a palabra paz en diferentes idiomas.

4/2/14

ASÍ CELEBRAMOS O DÍA DA PAZ

O obxectivo desta conmemoración é "fomentar a cultura da paz e a non violencia nos nosos alumnos/s a través de actividades que impliquen cooperación, tolerancia e respecto aos demais". Contamos fai uns días coa visita dunha colaboradora da asociación de acollida de nenos/as dos campos de refuxiados do Sáhara que nos amosou un video sobre a vida no deserto e deunos unha pequena charla aos nenos/as do centro contando como viven outros nenos/as e outras culturas. Quixemos colaborar con estes nenos/as enchendo un "Contenedor de material escolar para o Sáhara" aportado por todos os nenos e nenas do centro. Este pequeno acto estivo acompañado de música da canción “Mandela” de Pablo Milanés. Este ano decidimos facerlle unha pequena homenaxe a Nelson Mandela, premio Nobel da Paz en 1994 na que os nenos e nenas de 6º escribiron e leron unha breve biografía e algunhas das frases pronunciadas por el e que temos exposto en posters polo colexio. Ademais cantamos unha canción adicada a Mandela (Asimbonanga). Os nenos/as leron varias frases de Mandela adicadas ao deporte, á participación e colaboración cos demais. Todo o alumnado do centro bailou unha danza sobre a importancia da non violencia e a paz e ademais un grupo de alumnas. de 6º sorprendeu cunha danza que acompañaron todos os nenos e nenas. Como o tema da biblioteca deste curso está adicado á ALIMENTACIÓN , elaboramos un ABECEDARIO DE ALIMENTOS DE PAZ entre todos os nenos e nenas do centro.