7/6/23
TELE COVASMOLA: COVASMOLA 2.0
6/6/23
TELE COVASMOLA: CONTEXTOS DE APRENDIZAXE
31/5/23
TELE COVASMOLA: RECANTO DAS FAMILIAS
No cole de Covas queremos facer un Recanto para as Familias. Quixenos informarnos que lles gustaría, tanto a maiores como a peques, ter nese recanto e para que. 📺📚🎲🎨🎧🎭
Tamén estivemos indagando a ver cal sería a mellor ubicación 🧐📝
A ver que vos parecen @s nos@s reporteir@s ... 😍😍😍
29/5/23
TELE COVASMOLA: BOOKTUBERS
24/5/23
TELE COVASMOLA: Artisteando con Pablo Ruíz Picasso
Artisteando con Pablo Ruiz Picasso: Como chisco ao “Ano de Picasso” e como xeito de conmemorar o 50 aniversario do falecemento do artista, o alumnado de Educación Infantil dedícanos esta sección da canle para así poder vivenciar obra e vida do mesmo.
Estade ben atent@s porque …
a arte “engancha”!😍😍😍😍😍
22/5/23
TELE COVASMOLA!!!! O TEMPO EN COVAS
O tempo en Covas:
Qué mellor maneira de introducirnos na primavera que co alumnado de Educación Infantil ao frente! Estade ben atentos ao parte meteorolóxico, así como ás imaxes que esta estación deixa para o disfrute de tod@s.
16/5/23
Tele COVASMOLA!!!! Letras Galegas 2023
Durante este curso o noso alumnado traballou a edición de vídeo sobre todo nos contextos linguísticos de Educación Primaria e no recanto maker da Educación Infantil.
Pois fixemos un soño realidade "Tele Covasmola" 😍😍😍😍😍😍😍😍
E que mellor forma de estrea que cun programa sobre Francisco Fernández del Riego 👏👏👏👏👏👏
Agardamos que vos guste!!!!!
En breve novas entregas de "Tele Covasmola". Atentos ao blogue da Bibliocovas e ás redes!!!!
As diferentes entregas de "Tele Covasmola" contaron coa participación de todo o alumnado do cole e dos diferentes equipos (biblioteca, EDLG, TICs, ...) xunto con Polos Creativos. Sempre enmarcado dentro do PDI "Covasmola 2.0" que serve de fío condutor das diferentes reportaxes.








