22/11/08

TAMÉN TIVEMOS UN AGASALLO DE PEPE CARREIRO



Pepe Carreiro o creador dos Bolechas adicounos a tod@s un debuxo creado especialmente para o colexio de Covas.Foi un xesto moi cariñoso para desculparse por non poder vir ao noso colexio como lle pedimos por problemas de axenda.
Prometeu visitarnos o ano que ven.
Grazas Pepe...



PRIMITIVO MARCOS ESTIVO NA NOSA BIBLIOTECA

O debuxante de banda deseñada Primitivo Marcos estivo na biblioteca falándonos sobre o proceso de creación de banda deseñada.Os nenos e nenas de 3º,4º,5º e 6ºasistiron á charla que foi moi interesante.Primitivo mostrounos dende a organización do texto en viñetas ata os materiais que utiliza. Tamén nos adicou o seu libro que acaba de publicar "Aventura no Camiño de Santiago" e animou a todos os nenos e nenas a debuxar e crear historias.
Aquí tedes as fotos da charla...



8/11/08

OS MARCAPÁXINAS QUE FIXERON OS NENOS E NENAS DO COLEXIO

Como prometimos,aquí tedes as fotos dos marcapáxinas que fixeron os nenos e nenas do cole...todo un derroche de arte e imaxinación.
Graciñas a tod@s por participar.


ESTE TRIMESTRE "BANDA DESEÑADA"

Xa están na nosa biblioteca: Mortadelo, Asterix, Tintín, os Bolechas,Jabato,os Barbanzóns,Cedric... e moitos máis personaxes de banda deseñada.
Aquí tedes as fotos da exposición...

1/11/08

AS MOCHILAS XA ESTÁN VIAXANDO


O MÈRCORES AS MOCHILAS EMPEZARON A SÚA VIAXE E FORON PARA A CASA DE DIEGO (5º), JORGE (1º) E TAMÉN DE ELOY (1º)...ONDE COMPARTIRÁN COAS FAMILIAS OS MATERIAIS DA BIBLIOTECA.
BOA VIAXE!!!

24/10/08

MOCHILAS VIAXEIRAS


A todas as familias:

Este curso iniciamos unha nova actividade de fomento da lectura dentro do Plan Anual da biblioteca.
Trátase das MOCHILAS VIAXEIRAS que tentan de fomentar o hábito lector e irán as vosas casas cunha selección de materiais para compartir pais e fillos. “Se ti les eles len”.

Un saúdo a tod@s e feliz viaxe coa lectura.

24 de Outubro-Día das bibliotecas

Para conmemorar o DÍA DA BIBLIOTECA propoñemos unha actividade moi creativa.

Facer un MARCAPÁXINAS que podes utilizar nos libros que les na túa casa, na biblioteca, na túa aula, como agasallo para o teu pai, a túa nai, os teus avós, irmáns ou amigos moi especiais.
Demostra o teu talento e creatividade : debuxa, recorta, pega, colorea…empregando todo tipo de materiais e técnicas todo o que se che ocorra e…

… a traballar!!!

Cos marcapáxinas faremos unha exposición na biblioteca.
Grazas a tod@s por participar!!!

MOI PRONTO TEREMOS AS IMAXES DA EXPOSICIÓN... VEREDES QUE TRABALLOS MÁIS BONITOS FIXERON OS NOSOS NENOS E NENAS.

22/9/08

XA ESTAMOS AQUI!


Remataron as vacacións e imos empezar un novo curso con toda a ilusión do mundo e con boas novas "O noso colexio foi seleccionado par incorporarse ao PLAMBE (PLAN DE MELLORA DE BIBLIOTECAS ESCOLARES ) cunha dotación de 7.700 € para dinamizar a nosa biblioteca".
BENVIDOS TOD@S AO NOVO CURSO 2008-2009 !!!

30/6/08

ACTUACIÓNS NO COLE

En Xuño houbo varias actuacións no cole. Recibimos a visita dun amigo moi especial chamado Remoldiño que veu contarnos a historia "Remoldiño vai á feira" e que disfrutaron os nenos e nenas de Infantil, 1ºciclo e 2º ciclo.
Tamén tivemos un concerto dun grupo de alumn@s do Conservatorio de Música de Viveiro que tocaron unhas pezas musicais con instrumentos de vento e metal.
O último día do cole fixemos unha festa de fin de curso e actuaron os nenos e nenas que asistiron ao obradoiro de teatro de actividades extraescolares e que representaron a obra "Pecas, Dragoncín e o tesouro". Os nenos e nenas de 6º fixeron un baile de despedida e tivemos a actuación dun grupo de títeres coa obra "A rúa das pantasmas".
Dende o cole de Covas desexamos a tod@s felices vacacións!!!


29/6/08

FELICES LECTURAS

LECTORES E LECTURAS
Primeiros lectores (ata 8 anos)
-Tradición oral:cantos de berce, cancións, xogos corporais, adiviñas, recitados,refráns...
-Historias rimadas.
-Poemas e cancións.
-Libros de imaxes.
-Narracións de animais humanizados.
-Contos tradicionais, fábulas e contos marabillosos sinxelos.
-Narracións reais ou ficticias.
-Libros sobre o mundo que os rodea, informativos.
-Contos con sorpresa, libros-xogo, libros manipulativos...
Lectores autónomos (9-11 anos)
-Aventuras.
-Contos fantásticos e mitoloxía.
-Relatos de humor e historias da vida real.
-Poemas.
-Libros informativos.

21/6/08

"O MEU LIBRO FAVORITO E MÁIS EU"



Xa temos gañador@s do concurso "O meu libro favorito e máis eu".
Por Infantil, a gañadora foi NOELIA de 4 anos e fixo o traballo sobre o libro "Non é fácil pequeno esquío".
No 1º Ciclo, a gañadora foi RAQUEL de 2º e o seu libro favorito "Chamizo".
No 2º Ciclo houbo un empate: ISABEL de 3º fixo o traballo sobre "Kika superbruxa na procura do tesouro" e CARLOS de 4º e o seu libro "Voy sobre ruedas".
Polo 3º Ciclo a gañadora foi ROCÍO CARREJA que elixiu "Sadako e as pombas de papel".
Recibiron un libro como agasallo para que teñan moitos máis libros favoritos.
Graciñas a tod@s por participar!!!

13/4/08

Libros ilustrados...

Disfrutade con estos libros maravillosamente ilustrados. Abride a páxina web clickando nos ollos e escollede o libro que máis os guste...