Este mes comezamos resolvendo enigmas dentro das actividades do monográfico "Aprender a pensar na biblioteca escolar".
Cada semana Lolo vai propoñernos un para que os nenos e nenas os resolvan. Escribirán a solución nun papel (de diferente cor para cada aula) e meterán as respostas no buzón.
Cada semana daremos a coñecer a clase na que houbo máis acertantes... e terán un gran premio.
AINDA QUE OS MÁIS IMPORTANTE É POÑER AS NEURONAS A TRABALLAR E SER QUEN DE RESOLVER OS ENIGMAS!
Nas fotos vemos o primeiro deles e aos nenos e nenas de 1º que foron á biblioteca e botaron no buzón os papeis coa solución.... sorte chicos!
E ti... sabes a solución?
Podes escribila mandando un correo a
www.abibliocovas@gmail.com
28/1/18
23/1/18
PROMOCIÓN PATRULLA VERDE
PROMOCIÓN PATRULLA VERDE from Bibliocovas on Vimeo.
Os alumnos de 2º de Educación Primaria, motivados pola iniciativa “mensaxe nunha botella”, decidiron formar a Patrulla verde. Un grupo de alumnos e alumnas que vixiarán que se manteña limpo o patio e se recicle correctamente. Para animar ao resto dos nenos e nenas do colexio a formar parte dela gravaron este anuncio publicitario que foi todo un éxito. Agora xa son máis de 100 membros, que patrullarán á hora do recreo a partires do vindeiro 1 de febreiro.21/1/18
APRENDER A PENSAR NA BIBLIOTECA DE COVAS
APRENDER A PENSAR NA BIBLIOTECA ESCOLAR
Este é o título do proxecto monográfico que imos levar a cabo durante o segundo e terceiro trimestre dende a biblioteca.
Este proxecto está adicado á filosofía e o proceso de aprendizaxe e como obxectivo fundamental queremos "fomentar a curiosidade dos nenos/as sobre o proceso do pensamento e a actitude crítica así como ensinar aos nenos e nenas a pensar".
Obxectivos
-Motivar aos nenos e nenas cara ao proceso da mente, como desenvolver a intelixencia.
- Buscar información na rede sobre os pensadores/filósofos máis relevantes e os campos nos que desenvolveron as súas investigacións.
- Fomentar a curiosidade e a creatividade.
- Empregar a bibliografía sobre o tema, especialmente libros informativos, xogos de pensar, xogos de mesa, a internet.
- Traballar en equipo.
- Buscar a colaboración das familias para actividades relacionadas co tema.
Labels:
aprender a pensar,
biblioteca,
monográfico,
proxecto
5/1/18
O APALPADOR ESTIVO NO COLEXIO E FESTA DE FIN DE TRIMESTRE
Visitounos o Apalpador que nos leu o libro "O Apalpador e a castaña máxica" posto en escena polos residentes de DomusVi (antes Geriatros).
Para rematar o trimestre achegouse ata o centro Papá Noel e un Rei Mago. Entre los dous entregaron unha morea de agasallos para os nenos, nenas, profesorado e personal non docente do centro.
Os nenos e nenas de infantil e primaria cantaron unhas panxoliñas adicadas aos nosos invitados especiais.
Despois fumos todos á biblioteca para ver unha obra de teatro representada polos nenos e nenas de 6º que forman parte do Equipo de Colaboradores/as da biblioteca. A obra levaba por título "Que lio de libros" facendo referencia á organización e formación de usuarios da biblioteca e remataron cun Bibliorap.
Panxoliñas e visita do Rei Mago e Papá Noel. from Bibliocovas on Vimeo.
4/1/18
MERCADILLO SOLIDARIO EN DOMUSVI- OS DE 6º IMOS DE COMPRAS
O día 14 de decembro fumos ata a Residencia de Maiores Domusvi (antes Geriatros) onde se celebrou un Mercadillo Solidario a favor da Cruz Vermella para comprar xoguetes que recibirán os nenos e nenas que non teñen recursos.
Os nenos e nenas do centro dende Infantil ata 6º de primaria fixeron manualidades para vender no mercadillo. Houbo moita variedade: postais de Nadal, bolsas para agasallos, colgantes, caixas de regalo, imáns feitos con pinzas, bolas de neve, estrelas, coronas... todo feito con moita ilusión para colaborar nunha acción tan fermosa.
OS/AS DE 6º IMOS DE COMPRAS SOLIDARIAS from Bibliocovas on Vimeo.
Os nenos e nenas do centro dende Infantil ata 6º de primaria fixeron manualidades para vender no mercadillo. Houbo moita variedade: postais de Nadal, bolsas para agasallos, colgantes, caixas de regalo, imáns feitos con pinzas, bolas de neve, estrelas, coronas... todo feito con moita ilusión para colaborar nunha acción tan fermosa.
No mercadillo solidario en DomusVi from Bibliocovas on Vimeo.
Ademais os nenos e nenas de 6º estiveron aforrando para ser solidarios. Despois de visitar o Mercadillo aproveitamos para entrar nun supermercado do barrio. Cos cartos que aforraron na compra de chuches, mercamos alimentos non perecedeiros (legumes, pasta, café...) para dar a Cáritas cara á campaña de Nadal. Pasámolo moi ben facendo as compras e imos seguir aforrando para colaborar en causas solidarias.OS/AS DE 6º IMOS DE COMPRAS SOLIDARIAS from Bibliocovas on Vimeo.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)