26/11/16

BANDA ESCOLA DE GAITAS CACHARELA DE COVAS

Tivemos de novo a visita da Banda escola de gaitas Cacharela de Covas. Esta banda composta por algúns ex alumnos do centro soe vir ao colexio para amosarnos a música tradicional a través dos instrumentos musicales que empregan: a gaita, as cunchas, o pandeiro, o tambor, o bombo e a pandereta. Ademais para a actuación no colexio tivemos de "voluntario" a Basi, o profe de infantil que demostrou un gran talento para o bombo e como artista invitada disfrutamos coa actuación de Sara que está aprendendo a tocar a gaita.
 Por certo, presentáronse moitos voluntarios para probar os instrumentos musicais. 
 Disfrutamos moito con esta visita. 
Grazas!

Banda escola de gaitas Cacharela de Covas from Bibliocovas on Vimeo.

23/11/16

CHARLA ANTI BULLYING



Dentro do PLAN DIRECTOR para a Convivencia e mellora da Seguridade nos centros educativos e os seus entornos, a Policia Nacional de Viveiro dará tres charlas aos nosos alumnos/as de 5º e 6º sobre problemas de seguridade que lles afecta como colectivo. O alumnado de 5º e 6º de primaria asistiu á primeira charla sobre o Acoso escolar.
Pablo, o policía explicoulles as causas, características e consecuencias do acoso nos centros educativos, así como as pautas para previr e evitar que ocorra.
Ademais viron un video sobre o acoso "El sandwich de Mariana".
Estivo moi interesante e os nenos/as fixeron moitas preguntas relacionadas co tema.
"Se te acosan, agreden ou observas unha agresión, sé valente e cóntallo aos teus pais, aos teus mestres ou contacta coas forzas de seguridade".
  "Se eres ti quen agrede, ponte no lugar de que recibe o dano e imaxina como se sinte".

16/11/16

CELEBRAMOS O MAGOSTO E O DÍA DO PEÓN

O día 11 de novembro celebramos o Día do Peón e o Magosto. Os nenos e nenas do centro comimos as castañas asadas pola panadería da localidade (Panadería Covas) e tamén nun asador tradicional pola nosa conserxe Leticia.
Estaban boísimas!

A continuación viñeron os Xogos Populares por estacións (rá, zancos, peóns, corro da pataca, mariola, xogos de mans, corda, goma) nos que participamos todos os nenos e nenas do colexio. Os alumnos/as de 6º de primaria exerceron de monitores tanto nos xogos como axudando aos máis pequeniños a pelar as castañas.

Tivemos exhibición de auténticos profesionais bailando o peón e unha exposición de peóns decorados xunto co Manifesto do Peón escrito por Xabier P. Docampo.

4/11/16

ETHAN, O AUXILIAR DE CONVERSA XA ESTÁ NO COLEXIO

Xa está no centro Ethan, o noso auxiliar de conversa para este curso 2016-2017. A función do auxiliar de conversa é axudar aos nenos e nenas a mellorar a competencia lingüística especialmente a comprensión e expresión oral, amosarnos a cultura e costumes do seu país e aprender as nosas.
Dámoslle a nosa benvida e desexámoslle unha grata estancia no colexio e en Viveiro.


VOLTA AO COLE 2016 CONTRA A LEUCEMIA INFANTIL


VOLTA AO COLE 2016 CONTRA A LEUCEMIA INFANTIL - Kizoa Editar Videos - Movie Maker
A Fundación Unoentrecienmil  organizou unha carreira solidaria o 21 de outubro dentro do proxecto A volta ao cole, cuxa finalidade é a sensibilización e concienciación da importancia que ten a investigación para a leucemia infantil.
Unoentrecienmil é unha Fundación sin ánimo de lucro nacida no 2012 que xa destinou 275.000 € en tres Becas de Investigación. Crea proxectos sociais innovadores cuxos fondos van dirixidos á Investigación contra a leucemia infantil, convertíndose na única ONG en España comprometida a adicar TODOS os beneficios a este fin.
Todos os nenos/as e profesoras do centro deron unha volta á pista do centro, primeiro os nenos/as de Infantil e despois os/as de primaria.
Os nenos/as e familias fixeron aportacións voluntarias na hucha habilitada para tal fin no patio do colexio.
Grazas a tod@s por colaborar!