17/2/15
ENTROIDO MATEMÁTICO
Celebramos o Entroido "matemático" seguindo as consignas do Meco e todos no centro levamos postos dende táboas de multiplicar ata reloxos. Tamén degustamos as deliciosas lambetadas que trouxeron os nenos e nenas e por suposto... bailamos.
DÍA DA PAZ
Por fin veu esa raiola de sol tan esperada para celebrar o Día da Paz.
Todos os nenos e nenas do colexio bailaron unha danza solidaria. Despois o alumnado de 6º leu a biografía de Malala Yousafzai (Premio Nobel no ano 2014) e incluíron frases dela a favor da educación.
Os posters foron elaborados polos nenos e nenas de 6º curso.

7/2/15
O MECO ESTÁ NO COLEXIO!
Xa estamos no Entroido e o Meco disfrazouse de Matemático.
Temos que ler o que nos manda traer cada día da semana.
Estade atentos porque é un profesor un pouco despistado e algunha vez comete erros nas operacións matemáticas (pide axuda a mamá ou a papá cando te vaian levar ou recoller ao cole).

6/2/15
XA ESTAMOS NO ENTROIDO!
A Secretaría Xeral de Política Lingüística (SXPL) ten á disposición dos centros educativos e dos equipos de dinamización da lingua galega novos materiais e recursos relacionados coa celebración do Entroido.
PREME NA IMAXE.
5/2/15
ENIGMAS MATEMÁTICOS... XA SABES A SOLUCIÓN?
Estade moi atentos cando entredes na aula!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)