31/1/10

PARA EMOCIONAR...



Dende o blog BIBLIOTICS, este fermoso video.
Se queres saber máis,preme en

As bibliotecas escolares pola paz


Este cartel fixo o IES Rio Cabe. Grazas por compartilo.

28/1/10

PRESENTACION da Paz

Dende o blog MESTURAS vía O SEGREL DO PENEDO chega ao noso blog esta presentación tan fermosa sobre a paz.
Grazas

27/1/10

Busca do tesouro na biblioteca

Preme no debuxo de Iria e Sara

Queres participar nunha busca do tesouro?
Vai á biblioteca, busca nos libros que temos sobre a paz e contesta a estas preguntas ( podes participar en equipo).

Xa sabes que o millor tesouro é "a paz" pero tamén haberá un pequeno agasallo para vos.

Boa sorte!

Día da Paz-Investiga con MIK HOLMES

Esta actividade propona a biblioteca do CEIP Mestres Goldar
Moitas grazas por compartila.

Fotos da biblioteca







Aquí temos a nosa biblioteca pintada de amarelo con persianas azuis.Mirade que mesas tan bonitas con cadeiras de cores.Xa vos dixemos que foron agasallos dos Reis Magos (ANPA , colexio e PLAMBE).
Graciñas e prometemos portarnos moi ben para que o vindeiro ano nos traigan moitas cousas para a biblioteca.

14/1/10

RECURSOS PARA O DÍA DA PAZ


O fermoso blog o recanto de Mik pon á nosa dispor esta páxina de recursos para traballar o Día da Paz.
Graciñas

11/1/10

Preparando o DÍA DA PAZ- 3º ciclo

Baixo o nome de Xogamos? agrúpanse unha serie de recursos informáticos adicados á elaboración e utilización de xogos de pregunta-resposta.

O traballo mereceu o 1º Premio no apartado de Ferramentas de autor nos Premios a Recursos Educativos para a Sociedade da Información 2007 da Xunta de Galicia.

Autores: Fran Macías, Felo Couto e Xosé Antón Vicente.

Web do proxecto: http://www.edu.xunta.es/contidos/premios/p2007/proxecto_xogamos/index.html

COMEZAMOS O 2010 CUN AGASALLO

Xa estamos de volta no cole e os Reis Magos deixáron un agasallo (será que nos portamos moi ben) e a biblioteca estaba pintada de cor amarela e laranxa... e ademais tiñamos mesas e sillas novas para a zona de traballo.
Cando organizemos todo xa vos ensinaremos as fotos.

9/1/10


O conto conta O conto conta

2010 Ano do Libro e da Lectura

Programas de promoción do libro, fomento da lectura e a escrita, e mellora da xestión pública das bibliotecas.


Un libro, un amigo




Sempre novas cada día

Consciente do valor estratéxico do libro como instrumento para a expresión do dereito á creación, a promoción e a divulgación da cultura, da historia e da lingua de Galicia, o Consello da Xunta acordou declarar o próximo ano 2010 como Ano do Libro e da Lectura de Galicia, e invitar a todos os galegos a participar nos distintos actos que se realicen nesta celebración.
Procurouse a coincidencia do Xacobeo co Ano do Libro e da Lectura co obxecto de propiciar a complementariedade entre estas dúas celebracións. Sitúase así o libro, a nosa cultura e a nosa lingua, no marco dun acontecemento de enorme proxección exterior como é o Ano Santo.

No vindeiro ano, ademais de potenciar as accións que xa se veñen realizando a prol do libro e da animación á lectura, deseñouse unha programación variada concebida para conseguir unha maior visibilidade do libro e achegalo a toda a cidadanía.

Aínda aberta a novas iniciativas e cun orzamento previsto de 2.850.000 €, a programación inclúe proxectos de animación cultural, congresos e conmemoracións, actividades de promoción e difusión do libro, fomento da lectura e a escrita, así como
iniciativas para a mellora da xestión pública do libro e as bibliotecas.

1-ANIMACIÓN CULTURAL
Inicio e peche do Ano do Libro e da Lectura
En xaneiro de 2010 está programada a realización dunha presentación do Ano do Libro e da Lectura mediante unha campaña de animación á lectura chamada «Libros sobre Rodas». Nesta actividade, un autobús equipado para labores de difusión cultural percorrerá as catro provincias galegas cun grupo de animadores que agasallará os viandantes cun libro sobre a historia universal e galega do libro.

Co fin de concluír o Ano levarase a cabo o proxecto «Noite dos Libros», concibido como un acto de animación na rúa que se celebrará en diversos puntos de Galicia.

«Camiños de amor e lúa»
Esta acción de animación cultural inclúe trinta espectáculos de poesía e música que, durante os meses de maio e xuño, achegarán a voz dos autores e autoras a trinta concellos polos que transcorren os nove Camiños que levan a Santiago.

Exposicións
Ademais das exposicións relacionadas con congresos e coas homenaxes do vindeiro ano a Torrente Ballester, Luís Seoane, Rosalía e Novoneyra, haberá outras de carácter máis específi co, como «Libros de literatura contra a guerra», en colaboración co Foro Mundial da Educación, ou «A palabra convertida en arte», exposición e obradoiro sobre a escrita medieval. Tamén haberá diversas exposicións itinerantes sobre o libro galego.

2-CONGRESOS E CONMEMORACIÓNS
Encontros e congresos
O vindeiro ano contará co seu espazo para os profesionais relacionados co sector do libro. Entre os diferentes congresos que se celebrarán pódense destacar o «I Encontro Internacional sobre Literatura de Viaxes» en Santiago de Compostela e a «I Semana Auria de Novela Histórica», que incluirá actividades como conferencias, mesas redondas ou espectáculos. Tamén o «Congreso Internacional do Libro Infantil e Xuvenil» do IBBY recibirá apoio para a súa realización en Santiago de Compostela.

Centenarios e outras homenaxes
No ano 2010 celebrarase o centenario do nacemento de dous grandes persoeiros galegos: Gonzalo Torrente Ballester e Luís Seoane. Así mesmo, haberá actos conmemorativos dos 125 anos do pasamento de Rosalía de Castro, e homenaxes a Uxío Novoneyra, poeta ao que a Real Academia Galega lle dedica o ano 2010. Ademais dos actos conmemorativos, estas celebracións acompañaranse de exposicións, concertos e publicacións especiais.

Outras conmemoracións
Aproveitarase o ano próximo para reforzar e potenciar as datas en que se celebran diversas conmemoracións relacionadas co libro e a lectura, como o «Día das Letras Galegas» e o «Día Internacional do Libro», data na que se realizará a intervención en espazos públicos «As Prazas dos Libros». Tamén se promoverán celebracións no Día de Rosalía, e nos días internacionais da Poesía, Teatro, Libro Infantil e Xuvenil e Tradución.

3-PROMOCIÓN E DIFUSIÓN DO LIBRO
Presenza en feiras do libro
Está previsto potenciar as feiras do libro de Galicia co fi n de facelas máis atractivas e participativas. Así, a partir de 2010 iniciarase unha programación específica na cidade de Lugo, «A Festa das Letras», que irá cambiando de localidade cada ano. En cada unha das feiras haberá unha caseta conmemorativa do Ano do Libro e da Lectura.

Por outra banda e co propósito de contribuír ao seu coñecemento no exterior, o libro galego, acompañado polos nosos escritores e editores, volverá estar presente nas feiras internacionais máis destacadas: Boloña, Bos Aires, Madrid, Frankfurt e Guadalaxara.
Tamén a banda deseñada galega contará co seu espazo en feiras e salóns dedicados ao cómic, como Angoulême, Bruxelas, Navarra ou Barcelona.

Presenza do libro nos medios
Durante o ano 2010 promoverase a presenza do libro e da lectura nos distintos medios de comunicación. Na Televisión de Galicia proxectarase un microespazo titulado Palabra de autor, palabra de autora», integrado no informativo diario de maior audiencia, o que contribuirá a darlles visibilidade ao libro e aos escritores nun medio fundamental como a televisión.

Por outro lado, e co mesmo título, na radio emitiranse entrevistas diarias con autores e fomentarase a colaboración coa prensa escrita para incluír seccións que traten sobre o libro en Galicia.

4-FOMENTO DA LECTURA E DA ESCRITA
Animación á lectura
Entre as campañas de animación á lectura pódese salientar o programa «Cruzando Libros», en colaboración coa Secretaría Xeral de Igualdade. Esta iniciativa persegue a creación de puntos de encontro ao redor do libro en centros de información ás mulleres. Así mesmo, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística desenvolverase o programa «Bocaberta», conxunto de actividades de promoción do uso do galego por toda Galicia deseñadas coas nosas principais editoriais.

Fomento da escrita
Dentro das actividades da área de apoio á nova creación poranse en marcha talleres abertos de creación literaria dirixidos por escritores galegos. No ámbito escolar desenvolverase unha iniciativa singular de fomento da escrita que se traducirá nunha biblioteca de contos creados por escolares, que se editarán e conservarán nunha biblioteca específica. Así mesmo, iniciarase o proxecto «Casa dos Tradutores», un lugar de encontro para os que se dedican ao labor da tradución.

Biblioteca galega de Bos Aires
Coincidindo coa Feira Internacional do Libro de Bos Aires, abrirase unha sección do libro galego na Biblioteca Julio Cortázar, que se inaugurará cunha exposición sobre este escritor arxentino. Esta biblioteca galega de Bos Aires será un servizo de lectura e difusión da cultura de Galicia entre a comunidade de galegos alí residente.

5-XESTIÓN DO LIBRO E BIBLIOTECAS
Desenvolvemento do marco normativo do libro e as bibliotecas
Unha das actuacións fundamentais que se realizará no ano 2010 é o desenvolvemento da Lei do libro e da lectura de Galicia. Entre outras accións, reforzaranse as canles de participación e crearase a Cámara do Libro de Galicia. Tamén se porá en funcionamento en Observatorio Galego do Libro e da Lectura.

Igualmente, avanzarase na nova lei de bibliotecas mediante a elaboración do Mapa e o Plan de Bibliotecas.

Biblioteca de Galicia na Cidade da Cultura
Co fi n de reforzar a infraestrutura bibliotecaria de Galicia, un dos obxectivos para o próximo ano 2010 é abrir ao público a Biblioteca de Galicia, situada na Cidade da Cultura. Resulta así especialmente simbólico que o primeiro equipamento da Cidade da Cultura dispoñible para o conxunto da cidadanía galega estea precisamente ao servizo da divulgación e a promoción do libro, a historia, a cultura e a lingua galegas. A Biblioteca de Galicia constituirase como cabeceira e centro de servizos á Rede de Bibliotecas.