Mostrando entradas con la etiqueta natureza. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta natureza. Mostrar todas las entradas

31/3/21

DÍA DA POESÍA, DA ÁRBORE E DA AUGA

 Celebramos o Día da Poesía, da Árbore e da Auga coa visita de Jaime Oroza.

Jaime vive en San Pedro (Viveiro), ex profesor de inglés, escritor, poeta e fotógrafo achegounos coas súas fotos ás marabillas do Souto da Retorta, o Penedo do Galo, o Castelo, San Roque, a Silvarosa... 

Ademais amosounos  impresionantes imaxes da natureza con cabalos, bolboretas, paxaros, cascadas, árbores autóctonos...

Non faltaron as fotos dende o mar coas vistas ao Fuciño do Porco, praias de Sacido, Seiramar, a Illa da Gabeira... natureza en estado puro!

Todo esto regado pola música de acordeón do seu amigo Simón.

Escoitamos como recitaba os seus versos que teñen a  estrutura dos Haikus.

A poesía de Jaime está ligada á natureza falándolle ao vento, aos paxaros... "Zoa o vento", " O canto do malvís"...

 Os nenos e nenas de 5º e 6º disfrutaron con esta visita chea de poesía, natureza e música!

27/4/19

BRAIS MOURE ESTIVO NO COLEXIO

Brais Moure, o contacontos estivo no centro para falarnos de Antón Fraguas e a súa Galica Máxica a traves das árbores e da importancia de coidar a natureza. Ensinounos diferentes polas de árbores: teixo, acivro, loureiro... e contounos moitas cousas das xacias e como prantar unha árbore nunha bota.

3/3/18

MARTIN HUTCHINSON, O CAMIÑANTE VERDE ESTIVO NO COLEXIO

Martin Hutchinson, un nativo de Manchester (Reino Unido) de 56 años, estivo no noso colexio. En Gran Bretaña traballou como bombeiro e despois comezou a viaxar por todo o mundo, primeiro a pé e despois en bicicleta para loitar polo medio ambiente. O seu obxectivo e informar e concienciar a toda xente sobre a importancia de protexer e coidar a natureza. No colexio amosou imaxes e videos do seu traballo, recollendo o lixo que tiramos ao mar e que aparece nas praias. Os animais marinos morren por asfixia polos plásticos, os vertidos industriais, o lixo... Leva percorridos uns 34.000 kilómetros por todo o mundo acompañado do seu can Starsky. Os nenos de 5º e 6º estiveron moi atentos a todas as súas explicacións e fixeron unha morea de preguntas.

3/5/17

CHARLA DE SEPRONA PARA OS NENOS E NENAS DE PRIMARIA

O Servizo de Protección da Natureza (SEPRONA) é unha unidade da Garda Civil en España, encargada da conservación da natureza e os recursos hidráulicos, así como da riqueza cinexética, piscícola, forestal e de calquera outro mester relacionado coa natureza.
Creado no ano 1988 e reorganizada no ano 2000, o SEPRONA ten a misión de evitar agresións ó medio ambiente, e a de protexer os bens mobles e inmobles catalogados como Bens do Patrimonio Histórico en todo o territorio español e no seu mar territorial, incluída a preservación de especies protexidas e ameazadas.

Roberto, un garda civil que realiza o seu traballo na unidade de investigación, explicou aos nenos e nenas de primaria as funcións que realizan, as diferentes unidades que hai (Servizo de incendios, de montaña, de investigación...) e como podemos axudar para protexer a natureza.
Os nenos e nenas fixeron moitas preguntas e estiveron moi interesados na charla demostrando que saben que hai que coidar  da natureza.