Mostrando entradas con la etiqueta Lectura e Familias 24-25. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Lectura e Familias 24-25. Mostrar todas las entradas

19/6/25

Mercamos para a Romaría Covasmola

Para despedir o curso faremos unha Romaría Covasmola como xa ven sendo unha tradición no cole. Tamén teremos que comer e elaborar bocatas saudables para todo o cole. Precisamos facer a compra así que, contando coa colaboración do comercio local de Covas, aos que lle agradecemos a súa disposición, enviamos un grupo de alumnos a facer a compra.
















16/6/25

Exposición das herbas de San Xoán

Como remate do PDI e da actividade das herbas de San Xoán os nenos e nenas de cada aula puideron ecplicarlle ao resto do alumnado do cole a herba que foron buscar para lavar a cara cun mural elaborado por eles para a ocasión.

Infantil explicou o fiuncho

1° EP a herba Luísa

2° EP o fento macho

3° EP o romeu

4° EP a xesta

5° EP a herba de San Xoán 

6° EP a malva

De todas elas puidemos escoitar as diferentes denominacións, o nome científico, as propiedades que tiñan, para que se empregaban, curiosidades varias e algunha lenda e adiviña.

Sodes uns artistas rapazada de Covas!!! 

Da gusto oírvos falar🥰🥰🥰🥰🥰