Os nenos e nenas de 6º que forman parte do Equipo de Colaborador@s da biblioteca cantaron e bailaron unha canción coa música dun tema popular ben coñecido "Pirimpimpim" e a letra adaptada aos libros, a biblioteca e á nosa mascota Lolo.
Estiveron estupendos e contamos coa colaboración da nosa auxiliar de conversa Maggie que aprendeu a canción en galego e bailou coma o que máis.
Bo Nadal a tod@s !
20/12/15
18/12/15
MERCADILLO SOLIDARIO EN GERIATROS PARA O BANCO DE ALIMENTOS
mercadillo solidario en Geriatros2015 - Kizoa Movie Maker
Participamos no Mercadillo Solidario celebrado en Geriatros para recaudar fondos para o Banco de Alimentos.
Os nenos e nenas de 6º, 4º e 3º de Primaria doaron os traballos feitos nas clases de Plástica. Había moitos bonecos de neve feitos con calcetíns e arroz, tarxetas de nadal , bolsas para os agasallos...
Ademais colaboraron outros centros educativos como o CEP Lois Tobío e o EEI San Roque ,asociacións como ASPANANE...
Os nenos e nenas de 6º foron de visita ao mercadillo e compraron unha morea de cousas e colaborar a facer máis doada a vida dos que non teñen dabondo para comer.
Grazas aos nenos e nenas que colaboraron con estes fantásticos traballos!
Labels:
6º,
Geriatros,
mercadillo solidario,
plástica
AMANDA RECOMENDA...
Amanda de 5º curso recomenda ler o libro titulado "Diario de Nikki".
-Lolo:De que vai o libro?
-Amanda:Trata dunha adolescente que se muda de cidade e unha nena chamada Mackencie, que é super mala, intenta facerlle a vida imposible ata que fai dúas boas amigas que lle axudan.
-Lolo: Grazas Amanda.

13/12/15
RECURSOS PARA NADAL
A Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística achégannos estes recursos para Nadal.
Esta páxina especial inclúe unha escolma de recursos e materiais elaborados por docentes, equipos de normalización lingüística, centros escolares, artistas e bandas musicais, editoriais, institucións e asociacións, tales como unidades didácticas, tarefas en liña, propostas de actividades, manualidades, vilancicos, videoclips, contos, catálogos de agasallos en galego, etc. Coma sempre, agardamos que este contedor de recursos sexa de proveito para as vosas aulas e as familias e pedímosvos que nos axudedes a completar cos vosos propios materiais e ideas esta páxina aberta a toda a comunidade educativa e á sociedade.
Recursos
Páxina Coordinadora Galega de ENDL

8/12/15
CANCIÓN SOBRE AS AVES DE MAGIN BLANCO
O libro As aves que editou a Mesa ten canción de Magin Blanco Garcia "Voa paxariño"
Posted by A Mesa pola Normalización Lingüística
Suscribirse a:
Entradas (Atom)