Mostrando entradas con la etiqueta contexto linguístico. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta contexto linguístico. Mostrar todas las entradas

30/10/25

Conxuros terroríficos polos bruxos e bruxas de Covas

No contexto lingüístico do segundo ciclo traballamos a literatura de tradición oral a través da creación de conxuros elaborados por terroríficos bruxas e bruxos que prometen rematar coa tranquilidade da Bibliocovas.

Anotade os ingredientes para elaborar as apócemas que estades ante toda unha clase maxistral de maxia da boa.

Que comece o aquelarre 

e as vosas rimas se fagan realidade!!




                             


29/10/24

O Samaín no contexto lingüístico

Adentrámonos na semana máis terrorífica do ano e no contexto lingüístico tivémolo moi en conta.

No primeiro ciclo tiveron "Unha extraña visita" e á Bruxa Brunilda como convidada de honra. Encheron un tarro de medos e crearon os seus propios monstros.









Tamén tiveron momento para os xogos de mesa sobre a festividade: Lince, Memory, Quen é quen e Tabú.






No segundo ciclo traballaron a lectura de "O noso Samaín" a través dunha lectura feita por antigos alumnos e alumnas do cole.
Preme na imaxe para escoitalo....



Tamén crearon unha tripulación terrorífica para un barco pantasma que acaba de chegar á praia de Covas e traballaron as criaturas fantásticas das lendas galegas.









23/2/23

Día de Rosalía

Quixemos lembrar á nosa Rosalía recitando os seus poemas no contexto lingüístico. Buscamos a mellor das localizacións e dramatizámolas como a obra o require. Aquí vos deixamos unha mostra do alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria.