Onte tivemos a visita da Escola de gaitas Cacharela de aquí de Covas. Aprendimos os instrumentos tradicionais galegos e, para rematar, tivemos unha mini actuación na que participaron dous alumnoas do cole, Yerai coa gaita e Xián có bombo.
Mostrando entradas con la etiqueta banda Cacharela. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta banda Cacharela. Mostrar todas las entradas
11/10/22
26/11/16
BANDA ESCOLA DE GAITAS CACHARELA DE COVAS
Tivemos de novo a visita da Banda escola de gaitas Cacharela de Covas. Esta banda composta por algúns ex alumnos do centro soe vir ao colexio para amosarnos a música tradicional a través dos instrumentos musicales que empregan: a gaita, as cunchas, o pandeiro, o tambor, o bombo e a pandereta.
Ademais para a actuación no colexio tivemos de "voluntario" a Basi, o profe de infantil que demostrou un gran talento para o bombo e como artista invitada disfrutamos coa actuación de Sara que está aprendendo a tocar a gaita.
Por certo, presentáronse moitos voluntarios para probar os instrumentos musicais.
Disfrutamos moito con esta visita.
Grazas!
15/5/16
BANDA ESCOLA DE GAITAS CACHARELA DE COVAS
Como nos gusta a música, a Banda Escola de Gaitas Cacharela de Covas estivo no colexio. Rodrigo, o director, ensinounos os diferentes instrumentos típicos da banda: a gaita, o tamboril, o bombo, as cunchas e a pandereta. Rodrigo veu acompañado de tres compoñentes da banda e ex-alumnos do colexio (Héctor, David e Antón). Tocaron pezas populares e foi un verdadeiro placer que estiveran con nós.
Grazas!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)








