27/2/20

ROSALIA DE CASTRO E A COCIÑA TRADICIONAL



Para o Día de Rosalía os nenos e nenas do colexio van ilustrar poemas da escritora relacionadas coa cociña tradicional e os alimentos.
Dentro do proxecto da biblioteca estamos a traballar a Alimentación saudable, cociña tradicional e o coidado do planeta.
Rosalía ten moitos poemas nos que fai alusión aos alimentos tradicionais humildes (zonchos, boliños, papas, caldo...) e que demostraba o seu amor a Galicia.

16/2/20

OBRADOIRO DE COCIÑA CON BOLBORETAS NO BANDULLO

OBRADOIRO CON BOLBORETAS NO BANDULLO from Radio Covas on Vimeo.

Estamos a traballar no proxecto da biblioteca COIDAMOS DE NÓS E DO NOSO PLANETA DENDE A BIBLIOTECA e unha das actividades relacionadas coa COMIDA SAUDABLE tivemos a visita de Diana e David, compoñentes de BOLBORETAS NO BANDULLO.
Escribiron o libro COCIÑANDO CON BOLBORETAS NO BANDULLO, un libro de receitas que poden cociñar os nenos e nenas.
Diana foi alumna do noso colexio e foi un auténtico placer tela de novo con nós. Ademais viñeron acompañados de Xiao, o seu pequeno.
Durante o obradoiro vimos videos de elaboración de receitas (unha brocopizza deliciosa e unha lambetada de froitas), contaron un conto que escondía os ingredientes para elaborar un biscoito no microondas. Despois fixeron un xogo no que se pretendía que descubriran  cos ollos pechados sabores de alimentos (mirade no video as caras de algún neno).
Moitas grazas a Diana, David e Xiao!
Para ver o seu blogue cheíño de videos moi moi doados de facer... PINCHA AQUÍ!

12/2/20

DÍA MUNDIAL DA RADIO

No ano 2013 a ONU aprobou a declaración da UNESCO do Día Mundial da Radio. Proponse a data do 13 de febreiro por ser a da creación da Radio Nacións Unidas no ano 1946. "Os obxectivos da xornada son concienciar ao público e aos medios de comunicación acerca da importancia da radio; alentar aos encargados de tomar decisións a crear e ofrecer acceso á información a través da radio; así como mellorar as redes e a cooperación internacional entre os organismos de radiodifusión." 
Este ano celébrase co lema: "Pluralismo, representación e diversidade"  xa que a radio é un medio de comunicación único para celebrar a diversidade humana e constitúe unha plataforma para o discurso democrático. Un lema en sintonia co das bibliotecas escolares para este curso "Biblioteca escolar, viveiro de cidadanía" e do valor inclusivo do programa Radio na Biblio.




 

10/2/20

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA

No ano 2015, a ONU estableceu un Día Internacional para recoñecer o rol crítico que xogan as mulleres e as nenas na ciencia e a tecnoloxía, a través da Resolución A/RES/70/212. A finalidade é lograr o acceso e a participación plena e equitativa na ciencia para as mulleres e as nenas, e ademais para lograr a igualdade de xénero e o empoderamento das mulleres e nenas.
Lembrar que a ciencia e a igualdade de xénero son vitais para alcanzar os ODS,  incluidos na Axenda 2030, nos que moitas das nosas bibliotecas escolares están a traballar.
Esta é unha data que cada ano se traballa máis nas bibliotecas cara a paliar a brecha de xénero nos sectores STEAM. Visitas de científicas, seleccións de lecturas, traballos de investigación e experimentación ... son algunhas das actividades que ocupan os espazos científicos, creativos, manipulativos e colaborativos das mesmas.
Máis información:
 
Actividades nas bibliotecas escolares galegas:

9/2/20

COIDAMOS DE NÓS E DO NOSO PLANETA DENDE A BIBLIOTECA

Este é o título do Proxecto Documental Integrado que estamos a desenvolver dende a biblioteca en colaboración con todos os Equipos de Dinamización do centro, asociacións, concello, familias…
Os obxectivos que queremos acadar son:
 • Concienciarnos da importancia de coidar do noso planeta.
 • Aprender a reciclar, reutilizar e reducir.
 • Emprender accións contra o cambio climático.
• Implicarnos no coidado do mar.
 • Movilizarnos contra o plástico.
• Promover hábitos de vida saudable a través da comida e o exercicio físico.
 • Aprender a ser críticos coa comida que se compra.
• Interpretar as etiquetas dos alimentos.
• Distinguir A comida lixo e os alimentos procesados.
• Coñecer as tendas do noso barrio e os mercados dos pobos.
 • Implicarnos na elaboración de pratos saudables dentro da familia e no colexio.

8/2/20

CURSO DE FORMACIÓN PARA O ALUMNADO DE 6º A CARGO DE LABORATORIO DE RADIO

Tivemos un curso de formación en radio a cargo dos membros de LABORATORIO DE RADIO (Lucía e Sergio).
Dividiron ao alumnado en dous equipos e cada un traballou simultáneamente: respiración con exercicios e técnicas para respirar co diafragma; técnica postural e dicción e locución ante os micrófonos; a parte técnica da radio (emprego dos compoñentes da emisora tales como a mesa de mezclas, ordenador...); os efectos sonoros (que facían os nenos e nenas directamente ou recurrindo a instrumentos para facer os tronos, choiva, pasos...) e tamén descargándoos de internet.
Unha parte moi importante foi o proceso de creación do guión ou escaleta e os nenos e nenas formando grupos pequenos tiveron que traballar en equipo, crear unha historia e despois contala.
Unha experiencia que encantou aos rapaces e rapazas.





















Laboratorio de radio en RAdioCovas from Radio Covas on Vimeo.

3/2/20

DÍA DA PAZ 2020- BAILAMOS TODOS XUNT@S E LEVAMOS UN LIBRO COMO AGASALLO DUN AMIGO/A

O DÍA da PAZ celebrámolo como nos gusta no cole... BAILANDO todos xunt@s.
A canción é do grupo PEGATINA e a coreografía foi creada polo alumnado de 6º de primaria que practicaron con todos os nenos e nenas do colexio.

Tamén realizamos a actividade titulada UN LIBRO PARA UN AMIGO/A que consistía en agasallar a un compañeiro/a do cole cun libro escollido entre todos os que foron expurgados da biblioteca.
O obxectivo era darlle a eses libros unha segunda vida nas casas do alumnado.
Todos os nenos e nenas levaron ese día un libro adicado por un amigo/a do cole.