31/1/11

CELEBRAMOS O DÍA DA PAZ

Hoxe luns celebramos no colexio o Día da Paz, en primeiro lugar limos unha mensaxe do que significa este día, os nenos e nenas de 2º recitaron un poema e de seguido a ritmo de "waka waka" todos os nenos fixeron un baile con pasos típicos de danzas dos distintos continentes: o 1º ciclo representaron a Europa, 3º a Asia, 4º a Oceanía, 5º a Africa e 6º a América. Os nenos e nenas de infantil bailaron pasos típicos da muiñeira representando a Galicia.
Máis tarde todos cantamos a canción "O progreso" e para rematar o 3º ciclo cantou "We are the world".


22/1/11

ACTIVIDADES PARA TRABALLAR A PAZ


O CEIP VICTOR SAENZ elaborou un recopilatorio sobre a PAZ.
Estupendo traballo onde hai de todo un pouco.
Grazas!

Máis enlaces a páxinas sobre a paz.

16/1/11

O SOLDADIÑO DE CHUMBO



Trátase dunha adaptación do clásico de Andersen aos novos formatos dixitais levada a cabo por Xabier Senín a partires da multipremiada curtametraxe animada feita por Continental Producciones e Algarabía Animación. Os deseños son de Alfonso Costa, a música de Emilio Aragón e as voces de Manuel Manquiña e Luis Piedrahita.
A ambientación: no museo do xoguete de Allariz.

12/1/11

O CONTO TOLO, TOLO, TOLO...

Os nenos e nenas de 6º representaron un conto un tanto especial, xuntamos a dùas Carapuchiñas que non se levaban moi ben, apareceu Spiderman e a madrastra de Brancaneves que quería darlle a merenda... enfín... un conto moi tolo co que disfrutamos no colexio.

11/1/11

Este ano fumos tan tan tan bos que viñeron traernos agasallos os Reis Magos e máis Papá Noel.