28/2/18

CELEBRAMOS O DÍA DE ROSALÍA NO NOSO CENTRO

Relacionado co proxecto da nosa  biblioteca " Aprender a pensar", todos os cursos investigaron sobre mulleres pensadoras, filósofas, ...e elaboraron traballos sobre: María Montessori, Gloria Fuertes, Ada Lovelace, Concepción Arenal, Emilia Pardo Bazán, Victoria Kent e María Zambrano; con todos fixemos un gran mural.
Nas aulas fixemos un pequeno repaso da figura literaria de Rosalía  e recitamos e escoitamos algunhas das súas poesías.
Tamén participamos na proposta colectiva #AbrideAFiestra da asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega decorando as fiestras cos traballos elaborados.

21/2/18

ENIGMA NÚMERO 4

Esta semana e debido á complexidade do enigma Lolo propón un MINI-ENIGMA para os máis pequenos.


Este é o cuarto enigma e supón un auténtico reto para os nenos e nenas.


DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

RECURSOS:

 ROSALÍA CANTADA
Poemas musicados adicados a Rosalía feito pola Biblio de Carola.











Para expandir o poder da palabra de Rosalía de Castro entre a xente nova, a AELG convida a celebrar o Día de Rosalía de Castro nos centros de ensino con estas accións colectivas de difusión da súa obra, ideadas a partir do manifesto da AELG:

Educación Infantil e Primaria
Para estas etapas de ensino o lema da proposta #AbrideAFiestra pode desenvolverse a través de actividades que permitan a cada alumna ou alumno facerse cómplice da Rosalía de Castro da que se sinta máis próxima/o. Para isto, despois de facer un repaso da figura literaria da Autora, e dalgunhas lecturas que dean conta da pluralidade significativa da súa obra,  propoñemos para o venres 23 de febreiro que cada alumna/o elabore, nun soporte que poida ser pendurado nunha fiestra ou pegado na parte interior dos vidros das fiestras (tea, cartolina ou similar), algún elemento iconográfico de Rosalía de Castro e/ou transcriba os seus versos soltos ou poemas completos para lles dar luz desde as fiestras e tentar facelos visíbeis socialmente.
Esta iniciativa pretende ademais que o alumnado comparta esta celebración coa súa familia e veciñanza. Para isto faríanse fotos do alumnado, acompañado ou non das súas persoas maiores, portando entre ambos outro pequeno cartel cun verso rosaliano da escolla da alumna ou alumno e mostrándoo nesas fiestras que, coa axuda de Rosalía, abrimos a un mundo e un tempo novo.
A documentación gráfica xerada por estas actividades sería subida á rede polo centro de ensino e polas familias antes do 24 de febreiro, ou ese mesmo día, coa etiqueta #AbrideAFiestra. A AELG comprométese a colaborar na difusión da mesma a través da súa web e redes sociais. 


Actividade realizada coa colaboración das familias no CPI Ponte Carreira.





18/2/18

ENTROIDO


Entroido 2018 

Preme no enlace de enriba e lembra activar o audio!

Celebramos o Entroido co tema "Un Entroido de conto" relacionado cos contos clásicos.
Durante a semana o Meco-dragón deunos as consignas que tivemos que traer postos ao cole.
 O venres fixemos un desfile polo centro xa que o tempo non nos acompañou (tiñamos previsto saír polo Paseo Marítimo de Covas).
Contamos coa visita das familias do cole que viron como aparecían unha morea de nenos e nenas de infantil disfrazados de Peter Pan, Campanilla, o Capitán Garfo e un crocodilo. Os de primeiro e segundo eran Elmer o elefante de cores.
Os ratos e frautistas eran os nenos e nenas de 3º e 4º como O frautista de Hamelín. Os de 5º e 6º elexiron 101 dálmatas para os seus disfraces.
Para contar os contos tiñamos unha avoa contacontos.
Despois do desfile todos os nenos e nenas cantaron as alpuxarradas coa letra alusiva aos contos e a canción do Entroido en Viveiro.
Despois de tanta festa, comimos as lambetadas típicas no patio do colexio.

ENIGMAS 2 E 3

Publicamos a lista de acertantes dos enigmas 2 e 3.
 Lembramos cales eran.
A solución era:  
O coche está aparcado no número 87.

















VIDEO DE 6º DO DÍA DA PAZ- TOMAS FALSAS

tomasfalsas from MisisRoller on Vimeo.

1/2/18

DÍA DA PAZ

Levamos unhas semanas preparando as seguintes actividades para o Día da Paz.
-Mural sobre Xente extraordinaria.
-Canción "Quérote máis" con baile incluído polos nenos e nenas do centro.
- Lectura de  poesías sobre a paz.
-Todos os nenos/as e profesorado formaremos o símbolo dunha enorme pomba da paz no chan do patio.
-Video dos nenos e nenas de 6º coa colaboración de Colin (o auxiliar de conversa) dicindo a palabra paz en varios idiomas.

Os nenos e nenas elaboraron un precioso mural sobre XENTE EXTRAORDINARIA que coas súas accións sirve de exemplo ou motiva aos demais para superarse e loitar por un mundo mellor. Os nenos e nenas de infantil buscaron información sobre JACQUES COUSTEAU, en 1º e 2º elaboraron un bonito mural sobre a iniciativa COGE3, os de 3º e 4º traballaron sobre ADRIÁN MARTÍN e en 5º e 6º a persona escollida foi DAVID AGUILAR. Ademais en 6º aportaron dous traballos sobre WANGARI MAATHAI e os CORRESPONDENTES DE GUERRA. Na biblioteca do centro temos expostos libros sobre a paz, convivencia e valores.

OUTRO ENIGMA

Xa temos os acertantes do primeiro enigma!
Lolo está moi contento porque foron moitos os que puxeron a traballar as neuronas e resolveron o problema dos instrumentos musicais.


Seguimos poñéndovos enigmas, queremos facervos PEEEEENNNSAAAR! Lolo xa ten exposto o seguinte enigma... este é un pouquiño máis difícil que o da semana pasada pero... si pensades un pouco xa veredes como o solucionades ( Lolo sabe que sodes moi listos!!)...