Mostrando entradas con la etiqueta microrrede da Mariña. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta microrrede da Mariña. Mostrar todas las entradas

9/5/24

Proceso creativo do cadro da Microrrede

Este ano, para elaborar o cadro para a exposición da Microrrede da Mariña, contamos coa participación do alumnado colaborador da biblioteca.

A exposición era unha homenaxe ao mestre da banda deseñada Ibáñez e o noso cado ía ser un dos pisos de 13, rue del percebe agora transformada en "Rúa da Micorrede". Outra das premisas era incluír un dos personaxes de Ibáñez na viñeta e a nós tocounos traballar có profesor bacterio.

Empregamos diferente material de plástica para xogar cós volúmenes e coseron un Lolo de tea que subiron nunha bici reutilizada. Todo seguindo a liña do noso Covasmola 3.0 que guía o traballo deste curso 23-24.





















































30/1/24

Día da Paz 2024

Celebramos o Día da Paz uníndonos á proposta da Microrrede de Bibliotecas da Mariña pendurando unha bandeira branca dos mastros do noso cole. Nela estaba representada a mascota da Bibliocovas, o noso Lolo.




As familias puideron participar nun murar colaborativo de mensaxes de paz e inaugurouse un banco da amizade decorado coas pegadas do alumnado do cole.






No contexto linguístico o alumnado de primeiro ciclo está coñecendo a fondo a cultura exipcia. Por este motivo aproveitou a clase de plástica para fabricar papiros empregando café e escribir neles xeroglíficos relacionados coa paz.